Alimentación saudable
Alimentación saudable
Compromiso coas persoas consumidoras
A nosa contribución a unha alimentación saudable
Proporcionar unha alimentación saudable e equilibrada a todos os consumidores é o noso obxectivo primordial como organización. Non só realizamos, para iso, unha escoita activa das súas necesidades, senón que desenvolvemos diversas actuacións para asegurar a calidade de todos e cada un dos nosos produtos, así como para educar na prevención de determinados problemas de saúde vinculados a hábitos alimentarios, por exemplo, a obesidade.
En EROSKI, apostamos por unha oferta comercial baseada en produtos capaces de garantir unha alimentación equilibrada e segura, e que ademais cubra as necesidades nutricionais específicas de colectivos como as persoas con enfermidade celíaca, entre outros.
Ademais, para garantir que as nosas propostas en saúde e alimentación responden ás necesidades e prioridades ás que apunta a comunidade científica, contamos cun órgano asesor: o Comité Científico da Fundación EROSKI, composto por profesionais especializados en saúde, que nos guía e orienta na definición da nosa estratexia a medio e longo prazo do noso compromiso coa alimentación saudable.
Seguridade alimentaria
Alimentación equilibrada e saudable
Mellora nutricional do produto
En EROSKI, traballamos na composición de todos os nosos produtos para mellorar permanentemente o seu perfil nutricional. En 2019, reformulamos 60 referencias con este obxectivo, conseguindo que máis do 70% da nosa gama de marca propia teña unha valoración Nutri-Score A, B ou C.Ademais, reformulamos 44 referencias de marca propia como parte do noso compromiso co “Plan de Colaboración para a Mellora da Composición dos Alimentos e Bebidas e Outras Medidas 2020”, enmarcado na Estratexia de Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade (NAOS), da Axencia Española de Alimentación e Nutrición (AESAN), cuxo obxectivo é reducir arredor do 10% da mediana de azucres engadidos, graxas saturadas e sal para o 2020.
En 2019, eliminamos tamén as graxas de palma e de coco de 64 referencias de marca propia, avanzando así no noso compromiso de eliminar progresivamente o 100% a presenza destas graxas na nosa marca propia ata 2021.
Información sobre o contido e equilibrio nutricional dos produtos
En EROSKI, somos conscientes do valor da información ofrecida ás persoas consumidoras como un elemento esencial para a defensa e protección dos seus intereses, xa que só así poden tomar decisións informadas acorde ás súas necesidades. En todo momento, cumprimos coa lexislación existente en materia de etiquetaxe para cada tipo de produto e coas esixencias da nosa marca propia, incluíndo información adicional con pictogramas que facilitan a identificación de alérxenos e sistemas de información nutricional como o semáforo nutricional e o Nutri-Score.En 2019, incluímos o Nutri-Score en todos os alimentos das nosas marcas na tenda, ademais de no envase de 773 produtos e en todas as receitas de pratos saudables propostas aos nosos Socios Cliente.
EROSKI Club conta cun programa pioneiro de saúde que ofrece gratuitamente información personalizada e incentivos para unha alimentación e unha compra máis saudable e equilibrada a todos os nosos Socios e Socias Cliente. A súa finalidade é orientar ao cliente sobre os alimentos, cantidades e frecuencia de consumo que tanto el como os demais membros do agregado familiar precisan para manter unha alimentación equilibrada. Máis información
Necesidades nutricionais especificas
Información en saúde e sustentabilidade
Alimentación e hábitos saudables desde a infancia
Esta iniciativa da Fundación EROSKI, nacida en 2013, ten o obxectivo de fomentar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables entre a cidadanía e constituír un punto de encontro de profesionais da saúde e da educación, proxenitores, escolares e resto de cidadanía comprometida coa mellora da súa alimentación e estilo de vida.
Máis información