A nosa actividade xera impactos en diferentes grupos de interese e viceversa. Estas persoas, grupos, colectivos e organizacións son moi importantes para nós, xa que existe unha interacción e cooperación mutua, fortalecida e traballada cos anos.
En EROSKI traballamos para mellorar e ampliar cada ano a información de desempeño que presentamos aos nosos grupos de interese como parte do noso compromiso coa transparencia dentro e fóra da organización. Por iso, elaboramos esta memoria baseándonos nos estándares da Global Reporting Initiative (GRI), unha institución independente, fundada en 1997, que é o marco de referencia máis usado a nivel mundial en informes de sustentabilidade e á que apoiamos desde hai máis dunha década como membros da súa Comunidade GOLD. Ao aplicar os criterios e principios recollidos nos estándares de Global Reporting Initiative procuramos garantir que a calidade da memoria e o seu contido estean aliñados coas expectativas dos nosos grupos de interese, ademais de permitir a comparación dos distintos indicadores reportados cos nosos resultados en anos sucesivos e cos informes presentados por outras organizacións.
Para a edición 2019 da Memoria de sustentabilidade efectuamos unha actualización da análise de materialidade realizada no ano anterior. O obxectivo da análise é determinar que temas son relevantes á hora de reflectir os impactos económicos, ambientais e sociais de EROSKI, de influír nas decisións dos grupos de interese ou de xerar un impacto sobre a economía, o medio ambiente ou a sociedade. Aqueles que se consideran materiais (relevantes) son os que se reflicten na matriz de materialidade.
Información adicional sobre o cálculo dos indicadores presentados no informe Mecanismos formais de queixa e reclamación Índice de contidos GRI e Lei 11/2018 de información non financeira e diversidade Táboa de contidos de Pacto Mundial Anexo. Listaxe de asociacións ás que pertence o Grupo EROSKI Anexo. Táboas de indicadores. Comparativas con anos anteriores