Acción social

Acción social

Compromiso coa cidadanía



A nosa contribución á comunidade

Consideramos a solidariedade como un principio fundamental no que levar a cabo a nosa actividade e, por iso, dedicamos anualmente o 10% dos beneficios de EROSKI á Fundación EROSKI para o desenvolvemento de actividades sociais. Desta forma, apoiamos accións ben por iniciativa propia ou mediante o establecemento de convenios de colaboración con terceiros para o desenvolvemento social e cultural da nosa contorna. Ademais, desde EROSKI realizamos contribucións económicas a fins sociais que en 2019 sumaron máis de 9 millóns de euros.

Para as persoas que formamos EROSKI, supón un orgullo ter desenvolvido en 2019 numerosos acordos e convenios de colaboración con asociacións, ONG e entidades sociais, así como máis de quince campañas nas que impulsamos o protagonismo e a implicación das persoas consumidoras.

As achegas económicas en 2019 ascenderon en total a 10.250.560 €, distribuídos nos seguintes campos da acción social:







Iniciativas solidarias

Cooperación internacional

En EROSKI, creemos que a solidariedade debe cruzar fronteiras e, por iso, as nosas campañas tamén poñen o foco en responder a necesidades urxentes dos que están máis lonxe:
  • Campaña solidaria de Nadal en favor da infancia
  • Programa entrega de produto
  • Campaña da bolsa solidaria en favor de ACNUR

Campañas solidarias locais

Os nosos programas de solidariedade alimentaria que axudan ás persoas en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima compleméntanse tamén con campañas solidarias locais. Estas accións buscan dar resposta a situacións de emerxencia en localidades onde estamos presente, prestar apoio a outros colectivos vulnerables e promover a inclusión grazas a hábitos de consumo que favorezan a preservación dos recursos naturais.
  • Campaña de emerxencia polas inundacións de Tafalla
  • Campaña con Proxecto Home en Baleares
  • Xestión de residuos téxtiles solidaria e sostible
Máis información

Solidariedade alimentaria

En liña co noso obxectivo de sensibilizar as persoas consumidoras sobre a urxencia de paliar os problemas na cobertura de necesidades básicas na nosa contorna, organizamos campañas que permitan a implicación da nosa clientela en accións de solidariedade alimentaria.

Campañas solidarias con implicación das persoas consumidoras

En 2019 cumprimos 23 anos de colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), á que doamos os alimentos recollidos en dúas grandes campañas solidarias organizadas anualmente nas nosas tendas: a “Operación quilo”, en xuño, e a “Gran recollida de alimentos”, en novembro.

Cartón solidario

En EROSKI poñemos á disposición das entidades sociais e administracións públicas o noso cartón solidario, unha ferramenta para facilitarlles a súa finalidade de atender as necesidades básicas de alimentación e hixiene de persoas en risco de exclusión social. En 2019, co cartón solidario, fixemos posible que máis de 20 entidades sociais canalizasen axudas a máis de 1.000 beneficiarios en diferentes provincias.

Programa “Desperdicio cero”

En EROSKI seguimos na nosa loita contra o desperdicio alimentario articulando un protocolo de actuación que garante a seguridade alimentaria nas doazóns de todos os produtos frescos e de alimentación que, estando en perfectas condicións de consumo, retiramos dos nosos lineais para cumprir co noso compromiso cos clientes de frescura máxima e aspecto do envase. Durante este 2019, EROSKI doou máis de 6.748 toneladas de alimentos destinados aos colectivos máis desfavorecidos. A cifra equivale a 8.788 dietas persoais anuais doadas. Ademais, en 2019 volvemos participar na Semana contra o Desperdicio de Alimentos de AECOC, na que compartimos boas prácticas coas persoas consumidoras.

Máis información

Colaboración con persoas con capacidades diferentes ou con enfermidade

En EROSKI, conscientes dos retos diarios que deben afrontar as persoas con capacidades diferentes ou con necesidades especiais derivadas dunha enfermidade, mantemos unha colaboración estreita coas organizacións que as representan e traballan para mellorar o seu benestar e calidade de vida. O patrocinio de proxectos e iniciativas neste ámbito é tamén fundamental na nosa acción social e desenvólvese mediante a firma de numerosos acordos de colaboración con entidades sociais do mundo da discapacidade e de diversas enfermidades.

  • FORUM-SPORT co deporte inclusivo
  • CAPRABO loita contra o Alzheimer
  • Loita contra o cancro
Máis información

Apoio ás familias

EROSKI mantén convenios de colaboración para o apoio ás familias numerosas con entidades como Fanoc e Familia XL, entre outras. Ademais, conscientes das necesidades particulares deste tipo de familias, ofrecemos vantaxes especiais a través dos nosos cartóns de fidelización. Así, durante 2019, máis de 20.000 familias numerosas se beneficiaron dun aforro de máis de 1,3 millóns de euros.

Esta iniciativa súmase ao programa xa existente de axuda ás familias, coñecido como “Benvido, Bebé”. Grazas a este, no pasado exercicio entregamos 12.063 canastros, así como descontos e promocións en produtos pensados para o primeiro ano de vida do bebé.

En VEGALSA-EROSKI, tamén demos un paso máis na axuda ás familias tras adherir, en 2016, ao programa “Tarxeta Benvida”, da Xunta de Galicia. En 2019, transferíronse 26.602 euros ás familias a través desta iniciativa.

Fomento da cultura, lecer e contorna local

O fomento das iniciativas máis locais de EROSKI pretende favorecer o benestar das persoas próximas á nosa rede comercial e poñer en valor a cultura e tradicións máis próximas.
  • Promoción e difusión das linguas locais
    En EROSKI consideramos as linguas locais como parte esencial do patrimonio cultural das comunidades da nosa contorna e por iso traballamos de forma continua para a súa promoción e difusión.
  • Lecer e cultura
    Tentamos aproximar a cultura ás persoas consumidoras a través de diversos padroádegos. Tamén apoiamos actividades deportivas organizadas na nosa contorna máis próxima. En 2019, contribuímos, a través do programa CAPRABOSport, con 199.281 euros repartidos entre 118 clubs afeccionados, co obxectivo de fomentar hábitos saudables como o da práctica deportiva.
Máis información