Compromisos EROSKI

Unha declaración a través dos nosos 5 compromisos.
En EROSKI, fieis á nosa esencia de empresa de distribución de base cooperativa e á nosa misión, visión e valores, traballamos para alcanzar resultados empresariais e xerar impacto social positivo, especialmente na nosa contorna máis próxima, no marco dunha gobernanza sólida e do desempeño eficiente da nosa responsabilidade ambiental.
Comprometémonos a fomentar a Alimentación Saudable
“Porque somos unha agrupación de tendas que busca ofrecer produtos de calidade e contribuír na boa alimentación dos consumidores”.


Comprometémonos a xerar Riqueza local e Solidariedade na Contorna
“Porque nos importa a sociedade da que formamos parte, desde o pequeno produtor agroalimentario até as persoas que necesitan axuda”.
Comprometémonos a promover a satisfacción e o desenvolvemento das Persoas Traballadoras
“Porque nos importa o benestar das persoas traballadoras. A participación na marcha do negocio e a mellora de condicións guíanos e fainos sentir orgullosos”.


Comprometémonos a escoitar e informar ás Persoas Consumidoras
“Porque facemos empresa tamén coas persoas consumidoras, informalas axúdalles a tomar mellores decisións e escoitalas axúdanos a mellorar”.
Comprometémonos a mellorar a sustentabilidade ambiental
“Porque nos importa o futuro do planeta, traballamos en mellorar a sustentabilidade da cadea de valor”.













