2022Memoria Corporativa
Contigo máis que nunca
Cartas de presentación
Todas as actuacións que desenvolvemos este ano tiveron por obxecto axudar, facilitar, mitigar e aliviar.
Rosa Carabel
CEO de EROSKI
Todo o que facemos, dende a nosa oferta comercial ata os nosos 10 Compromisos saudables e sostibles , existen porque somos unha cooperativa.
Leire Mugerza
Socia Consumidora e Presidenta do Consello Reitor de EROSKI, S. Coop.
2022 dunha ollada
Recadamos máis de 560.000 euros para axuda humanitaria
Campaña de axuda humanitaria para as persoas damnificadas pola guerra en Ucraína, a través de UNICEF.
Apoiamos a produtores agroalimentarios
Desenvolvemos unha nova ferramenta ao servizo dos produtores agroalimentarios para que avalíen as súas prácticas seguindo os criterios ESG.
Melloramos os estándares de benestar animal
Unímonos ao Compromiso Europeo do Polo (European Chicken Commitment, ECC) para os produtos de marca propia.
Promoción da industria agroalimentaria
Asinamos un convenio de colaboración co Goberno vasco para fortalecer e desenvolver a industria agroalimentaria local.
Unha nova etapa para Caprabo
En Caprabo deseñamos a campaña de comunicación “Benvinguda la vida”, protagonizada por mulleres novas.
Primeiro camión 100 % eléctrico
Circula o noso primeiro camión de reparto 100 % eléctrico en Pamplona.
Novo liderado
Rosa Carabel convértese na CEO, primeira executiva, de EROSKI.
EROSKI Azoka, o primeiro marketplace para pequenos produtores
Plataforma destinada a pequenos produtores do País Vasco para comercializar os seus produtos online.
EROSKI multipremiada
Recibimos tres galardóns nas categorías de “comercio online”, “supermercados de proximidade” e “franquías”.
Novo etiquetado ambiental
Somos a primeira empresa de distribución en España en implantar un novo etiquetado ambiental en produtos de marca propia.
600 establecementos franquiados
Acadamos os 600 establecementos franquiados, a metade dos cales se abriu nos últimos cinco anos.
Suma Aforro: campaña de Nadal
Lanzamos a campaña de Nadal centrada en facilitar o aforro aos clientes, con varios produtos a prezos do Nadal pasado.
Novo hipermercado en Galicia
Inauguramos un novo hipermercado de Vegalsa-EROSKI no centro comercial Nasas Nigrán.
-
1
Implicámonos coa seguridade alimentaria
-
2
Promovemos unha alimentación equilibrada
-
3
Previmos a obesidade infantil
-
4
Atendemos as necesidades nutricionais específicas
-
5
Favorecemos un consumo responsable
-
6
Ofrecemos máis produtos locais
-
7
Facilitamos comer ben a bo prezo
-
8
Actuamos dende a escoita, con claridade e transparencia
-
9
Coidámonos como traballadores e traballadoras
-
10
Impulsamos un estilo de vida máis saudable