Traballadores e traballadoras

Traballadores e traballadoras

Compromiso cun traballo responsable e integrador

Modelo de compromiso integrador

A xestión das persoas na nosa organización caracterízase pola particularidade de que somos persoas traballadoras, pero tamén propietarias: 9.258 persoas do persoal de EROSKI somos socias e socios traballadores (o 32% do total), o que nos fai participantes na xestión cooperativa da empresa. Esta condición tradúcese nun elemento diferencial do Grupo EROSKI fronte a outras empresas de distribución: unha actitude proactiva e un elevado nivel de compromiso co proxecto, que se reflicte no desempeño en todos os niveis da organización.

O emprego que creamos segue o noso modelo de xestión e o noso compromiso co persoal, coa clientela e coa propia sociedade, e por iso esforzámonos para que sexa estable e de calidade.

28.939 empregados
32% socios/as traballadores

22.199 contratos indefinidos
6.740 contratos temporais

17.821 tempo completo
11.118 tempo parcial

2.354 novos empregados
1.890 mulleres

Os 10 valores esenciais do noso traballo

  1. 1

    Fomentamos a participación

  2. 2

    Promovemos o desenvolvemento persoal e profesional a través da mellora dos coñecementos, aptitudes e habilidades

  3. 3

    Sentimento de pertenza: estamos orgullosos de pertencer a EROSKI e buscamos as áreas de mellora

  4. 4

    Impulsamos a información e a comunicación de maneira bidireccional dentro da organización

  5. 5

    Grazas á solidariedade interna, primamos o colectivo sobre o individual e o longo sobre o curto prazo

  6. 6

    Dinamismo para adaptarse ao cambio e promover a innovación

  7. 7

    Orientados ao cliente para adaptarnos e anticiparnos ás súas necesidades

  8. 8

    Melloramos continuamente as condicións do traballo para garantir unha calidade de vida adecuada

  9. 9

    Solidariedade externa para devolver á sociedade o que nos achega

  10. 10

    As persoas traballadoras aspiramos ao máximo nivel de profesionalización

Os eixes da xestión responsable das persoas traballadoras

Solidariedade retributiva

EROSKI, S. Coop., seguindo os seus valores corporativos, aplica o principio de solidariedade retributiva en toda a organización, o que se traduce, a nivel interno, nun estreito intervalo salarial entre os postos con menor responsabilidade e os de alta dirección: en concreto, o rango salarial en 2019 foi de 8,17. Doutra banda, a nivel externo, a solidariedade retributiva implica que a remuneración do Consello de Dirección é de media un 74% inferior respecto ao valor do mercado. Máis información

Igualdade

En EROSKI, consideramos a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio básico e estratéxico da xestión da organización. Neste sentido, EROSKI réxese polo principio de non discriminación xa previsto nos seus estatutos fundacionais non só en relación co xénero, senón tamén coa raza, a orientación sexual, as crenzas relixiosas, as opinións políticas, a nacionalidade, a orixe social, a discapacidade ou calquera outra característica que puidese orixinala. Para iso, contamos desde 2005 cunha Comisión para a Igualdade, responsable da elaboración e actualización periódica do Diagnóstico e do Plan para a Igualdade de Mulleres e Homes de EROSKI, e co Observatorio de Igualdade, unha ferramenta para velar polo cumprimento deste principio en toda a organización. Máis información

Conciliación

Unha das áreas de traballo do noso Plan de Igualdade é a conciliación da vida persoal e profesional. En materia de conciliación, EROSKI conta con permisos adicionais aos que a lexislación establece e impulsa contornas e horarios de traballo que permitan un equilibrio entre a vida persoal e profesional. Máis información

Saúde e seguridade no traballo

En EROSKI, temos o compromiso de protexer e mellorar a saúde do noso persoal, desenvolvendo para iso un labor proactivo en materia de seguridade e saúde. Actuamos nos ámbitos da prevención, formación e fomento da saúde; melloramos de forma continua os nosos sistemas de prevención de riscos laborais e integrámolos na xestión global da empresa. Máis información

Desenvolvemento profesional

Potenciar o desenvolvemento profesional e persoal dos equipos de EROSKI constitúe un dos tres alicerces do Plan Estratéxico para 2020, que sitúa a formación das persoas como unha das chaves na mellora competitiva. A través da capacitación do noso persoal, procuramos constituír equipos de traballo de alto rendemento, incentivar o crecemento profesional e fomentar a cultura cooperativa de autoxestión.

Inserción laboral e innovación social

EROSKI, como cooperativa de consumo, é un proxecto colectivo consagrado ás persoas consumidoras e á sociedade. E, por tanto, estamos comprometidos coa integración de persoas en situacións desfavorecidas e en risco de exclusión social. Para iso, a través de convenios de formación ocupacional asinados cos servizos de emprego públicos ou con distintas organizacións como Cruz Vermella, establecemos anualmente programas formativos e prácticas non laborais para aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Isto permite a súa capacitación profesional e facilita a súa posterior incorporación laboral nos nosos puntos de venda.

Supermercados inclusivos

EROSKI continúa a estender o modelo de empregabilidade para persoas con discapacidade que comezou a desenvolver en 2015 xunto a GUREAK e en 2017 xunto a AMPANS. Esta iniciativa busca abrir novas oportunidades para inclusión laboral de persoas con capacidades diversas. Neste ano 2019, abríronse dous supermercados inclusivos franquiados, un EROSKI City na localidade leonesa de Puente Villarente con SOLTRA, e un segundo supermercado CAPRABO con Ampans.

Así mesmo, potenciamos a inclusión social na nosa cadea de valor. Por iso colaboramos con fornecedores que promoven a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental e en situación de vulnerabilidade.

Máis información