Persoas traballadoras
Persoas traballadoras
Compromiso cun traballo responsable e integrador
Modelo de compromiso integrador
A xestión de persoas na nosa organización caracterízase pola particularidade de que, ademais de ser traballadores, somos propietarios: 9.796 persoas do cadro de persoal de EROSKI somos socias e socios traballadores (o 32,6 % do total), o que nos converte en participantes da xestión cooperativa da empresa.
E esta condición tradúcese nun elemento diferencial do grupo EROSKI fronte a outras empresas de distribución: unha actitude proactiva e un elevado nivel de compromiso co proxecto que se reflicte no desempeño en todos os niveis da organización. O emprego que creamos segue o noso modelo de xestión e o noso compromiso cos empregados, os clientes e a propia sociedade; por iso esforzámonos porque sexa estable e de calidade.
32,6% socios traballadores
7.246 contratos temporais
11.893 tempo parcial
1.950 mulleres
Os 10 valores esenciais do noso traballo
-
1
Fomentamos a participación
-
2
Promovemos o desenvolvemento persoal e profesional a través da mellora dos coñecementos, aptitudes e habilidades
-
3
Sentimento de pertenza: estamos orgullosos/as de pertencer a EROSKI e procuramos as áreas de mellora
-
4
Impulsamos a información e a comunicación de xeito bidireccional dentro da organización
-
5
Grazas á solidariedade interna, primamos o colectivo sobre o individual e o longo sobre o curto prazo
-
6
Dinamismo para se adaptar ao cambio e promover a innovación
-
7
Orientados á clientela para adaptármonos e anticipar as súas necesidades
-
8
Melloramos continuamente as condicións do traballo para garantir unha calidade de vida axeitada
-
9
Solidariedade externa para retornar á sociedade o que nos achega
-
10
As persoas que traballamos na cooperativa aspiramos ao máximo nivel de profesionalización
Os 6 eixes da xestión responsable das persoas empregadas
Solidaridade retributiva
Igualdade
Conciliación
Saúde e seguridade
Desenvolvemento profesional
Participación e comunicación interna
Inserción laboral e innovación social
Como cooperativa de consumo, EROSKI é un proxecto colectivo centrado no consumidor e na sociedade. E, polo tanto, estamos comprometidos coa integración das persoas en situacións desfavorecidas e en risco de exclusión social. Con este fin, a través de convenios de formación ocupacional asinados cos servizos de emprego público ou con distintas organizacións como Cruz Vermella, establecemos anualmente programas formativos e prácticas non laborais para aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Isto permite a súa capacitación profesional e facilita a súa posterior incorporación laboral nos nosos puntos de venda.
En 2018, en colaboración con 86 entidades, formouse a máis de 450 persoas, das que máis de 120 foron contratadas por EROSKI ao finalizaren os programas de capacitación.
Formación e integración social
En 2018 colaboramos con 41 organizacións que traballan con persoas de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, como Cruz Vermella, a Asociación Zabaltzen sartu, a Fundación Ilundain ou Koopera. Nestes cursos participaron 391 persoas, 75 das cales foron contratadas pola organización trala súa finalización.
Produtos inclusivos
Supermercados inclusivos
En GUREAK y EROSKI consolidamos o noso proxecto para a integración social e laboral de persoas con discapacidade, que desenvolvemos de forma conxunta coa inauguración do novo supermercado en Vitoria, xestionado integramente por persoas con discapacidade. Hai tres anos puxemos en marcha unha iniciativa de innovación social coa ilusión de estendela. O balance positivo das experiencias anteriores confirma a competitividade do noso modelo de tenda franquiada, aberta a ser compartida con emprendedores, cooperativas e empresas da economía social co obxectivo de crear emprego e riqueza no noso contorno e de avanzar na diversificación do emprego social.