EROSKI

EROSKI

EROSKI é o primeiro grupo de distribución comercial de bens e servizos de gran consumo de carácter cooperativo de España e operador de referencia nas rexións de Galicia, País Vasco, Navarra, Cataluña e Baleares. A sociedade matriz do Grupo é a cooperativa de consumo EROSKI S. Coop., que cumpre cunha condición tripla: é unha empresa de distribución, unha organización de consumidores e un proxecto cooperativo no que as persoas consumidoras e traballadoras comparten protagonismo e soberanía.

A nosa riqueza é tamén a da nosa contorna

En EROSKI non só repartimos os beneficios xerados mediante a nosa actividade empresarial entre as socias e socios traballadores da cooperativa e o resto das sociedades do Grupo, senón que, ademais, xeramos riqueza directamente nos distintos actores da nosa cadea de valor.




Desempeño económico

Compromiso coa saúde e a sostibilidade

Dende o noso nacemento hai cincuenta anos, en EROSKI mantivemos o noso compromiso cunha alimentación de calidade, aumentando constantemente as nosas esixencias para ofrecer un produto máis sostible e capaz de satisfacer as necesidades dos nosos consumidores. Cremos que a tenda é o lugar idóneo dende onde impulsar unha boa alimentación, máis saudable e máis respectuosa co ambiente. De modo que en 2018 publicamos os 10 Compromisos de EROSKI coa Saúde e a Sostibilidade. Estes compromisos, definidos coa colaboración de máis de 7.800 persoas, márcannos o camiño a seguir nos próximos anos, cunha folla de ruta para avanzar no que de verdade lle importa tanto ao consumidor como á sociedade.

Máis información

EROSKI cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Nun contexto no que os impactos da nosa actividade acadan unha dimensión non só local, senón tamén global, cremos importante aliñar os nosos compromisos cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados en 2015 por Nacións Unidas.

Relación dos contidos da memoria cos compromisos e os ODS