Cadea de valor

Cadea de valor

Compromiso coas nosas empresas provedoras

En 2018 continuamos coa nosa aposta por unha innovación integral e a optimización da cadea de valor, o desenvolvemento de novos modelos de tenda e unha nova forma de relacionarse coa clientela, impregnado todo do espírito “contigo” que inspira o noso día a día.

Cadea de valor eficiente e colaborativa

Para lograr unha gama de produtos cada vez máis ampla, personalizada e cun maior aforro, contamos cunha cadea de valor aberta á marca de fabricante, á nosa propia marca e á enorme diversidade dos alimentos de produción local na contorna de cada unha das nosas tendas. Reforzamos a diversidade do tecido produtivo agroalimentario para acadar un sector local sostible grazas ao compromiso compartido de EROSKI e a súa clientela. Ademais, seguimos mantendo as nosas alianzas comerciais para mellorar a nosa proposta aos consumidores en valor e prezo.



La cadea de valor de EROSKI

As nosas Marcas

Durante o ano 2018, a nosa marca propia cumpriu 41 anos. Dende o seu nacemento, os produtos da marca EROSKI medraron ata converterse nun máis da familia, por iso seguimos traballando para ofrecer cada vez máis produtos e de maior calidade que axuden a aforrar.

Os nosos provedores

Nunha actividade como a distribución comercial, na que o prezo e a rapidez na dispoñibilidade dos produtos se converteu nun valor cada vez máis apreciado polos consumidores, a proximidade cos provedores, tanto xeográfica como á hora de abordar iniciativas conxuntas, converteuse nun elemento crítico.

Número de provedores comerciais e servizos por país:

AGECORE, a maior central de negociación europea
A central AGECORE constitúe a maior alianza europea de compras, formada por EROSKI e os Grupos ITM (Francia), EDEKA (Alemaña), COLRUYT (Bélxica), CONAD (Italia) e COOP (Suíza). Ademais de ser empresas independentes, comparten unha visión estratéxica a longo prazo. O seu obxectivo é ofrecer os consumidores europeos unha gama de produtos máis ampla para unha maior liberdade de elección e uns mellores prezos, á vez que amplía as oportunidades de negocio para as nosas empresas provedoras.

Responsabilidade social dos nosos provedores
A sostibilidade, entendida como o balance nos aspectos económicos, sociais e ambientais, tamén é fundamental na selección das empresas que conforman a nosa cadea de subministración. Así, esiximos ás nosas empresas provedoras que manteñan unha xestión responsable dos seus traballadores e potenciamos a aqueles que implantan sistemas de xestión ambiental nas súas empresas.

Loxística eficiente

Co obxecto de seguir a optimizar os procesos da nosa cadea de subministro e en liña tamén coa proposta do modelo comercial “contigo”, durante 2018 traballamos en mellorar a frescura dos nosos produtos: queremos que os nosos consumidores recoñezan a EROSKI como unha das cadeas de subministro cun produto fresco de maior calidade.
Ademais, estamos a traballar cos provedores locais para poder dispor, nas nosas tendas, de produtos frescos de produtores da zona. Isto fixo que tivésemos que volver a deseñar as actuais rutas de transporte e definir os novos fluxos orientados a este novo modelo de servizo.
Incorporamos 201 produtos á nosa gama de marca propia

En EROSKI traballamos con máis de 11.000 empresas provedoras comerciais e de servizos

Chegamos a un total de 1.540 acordos con pemes e cooperativas para incorporar novos produtos locais-rexionais á nosa oferta comercial

Comprometidos para ofrecer máis produto local

O noso compromiso n.º 6 céntrase particularmente na contribución ao desenvolvemento da contorna social e económica das nosas tendas a través da comercialización de produtos locais e a promoción da cultura de cada zona.



Colaboración con produtores agroalimentarios locais

A política comercial de EROSKI potencia ao máximo as economías locais, crea riqueza na contorna e contribúe ao desenvolvemento agroalimentario, económico e social.

Máis da metade dos 4.200 provedores comerciais que ten EROSKI en España son pequenas empresas produtoras locais. EROSKI artella esta colaboración cos seus subministradores en torno aos tres principais compromisos de actuación coas pemes agroalimentarias locais.

1. Achegar os produtos das pequenas empresas produtoras aos consumidores.

2. Desenvolver unha xestión comercial adaptada a microempresas, pemes e cooperativas.

3. Colaborar en plans para a súa profesionalización e crecemento empresarial.

Os produtos con orixes selectas como elemento diferenciador

Buscando ofrecer á nosa clientela produtos locais e da máxima calidade, en EROSKI incorporamos dende fai tempo as I. X. P. e as D. O. P. na nosa oferta comercial. Estas certificacións identifican aqueles alimentos cuxa calidade ou características especiais se deben, fundamental ou exclusivamente, ao medio xeográfico do que proveñen, tanto polos seus factores naturais como humanos. Ademais, no caso das D. O. P. garántese a súa transformación e elaboración na zona xeográfica delimitada.

Actualmente, contamos con máis de 2.000 produtos con D. O. P. ou I. X. P.

Promoción dos produtos locais

O obxectivo de EROSKI de fomentar os produtos locais esténdese tamén ao esforzo por divulgar e promover os valores culturais, gastronómicos e culinarios inherentes a eles. Mentres que a nosa oferta de produtos de proximidade continúa a aumentar nos últimos anos, en EROSKI tamén estamos implicados na promoción do consumo destes alimentos autóctonos como vía para manter a nosa cultura gastronómica, a nosa economía e as nosas paisaxes.

En 2018 lanzamos 40 campañas locais para difundir e promocionar alimentos de toda a nosa xeografía.