EROSKI

EROSKI

Modelo de empresa singular

EROSKI é o primeiro grupo de distribución retallista de bens e servizos de gran consumo de carácter cooperativo de España e é un operador de referencia nas rexións de Galicia, País Vasco, Navarra, Cataluña e Baleares. A sociedade matriz do grupo é a cooperativa de consumo EROSKI S. Coop., a cal reúne unha tripla condición: é unha empresa de distribución, unha organización de consumidores e un proxecto cooperativo no que as persoas consumidoras e traballadoras comparten protagonismo e soberanía.

Compromiso coa saúde e a sustentabilidade

En EROSKI, desde o noso nacemento, hai cincuenta anos, mantivemos o noso compromiso cunha alimentación de calidade, aumentando constantemente as nosas esixencias para ofrecer un produto máis sostible e capaz de satisfacer as necesidades dos nosos consumidores. Nun contexto no que os impactos da nosa actividade alcanzan unha dimensión non só local senón tamén global, cremos importante aliñar os nosos compromisos como compañía cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), aprobados en 2015 polas Nacións Unidas, e traballar xunto co resto dos axentes económicos, sociais e ambientais.

Máis información



Avances destacados nos nosos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade

Xeramos riqueza na nosa contorna

En EROSKI non só distribuímos os beneficios xerados mediante a nosa actividade empresarial entre as socias e socios traballadores da cooperativa e co resto das sociedades do grupo, senón que, ademais, xeramos riqueza directamente nos distintos actores da nosa cadea de valor.



Desempeño económico