Cadea de valor
Cadea de valor
Compromiso coas nosas empresas fornecedoras
Cadea de valor eficiente e colaborativa
O noso modelo de tenda “contigo” non só é unha estratexia que se reflicte nos nosos establecementos e nunha nova forma de relacionarse cos nosos clientes, senón que supón tamén unha aposta pola innovación integral e a optimización da cadea de valor. Os nosos principais colaboradores, as empresas fornecedoras, deben impregnarse desta estratexia e enfoque comercial, participando activamente dela e axudarnos a construíla conxuntamente día a día.
En 2019 lanzamos 587 produtos novos da nosa gama de marcas propias
En EROSKI, traballamos con máis de 10.000 empresas fornecedoras comerciais e de servizos
Máis da metade das 4.200 empresas fornecedoras comerciais que ten EROSKI en España son pequenas empresas produtoras locais.
Para lograr unha gama de produtos cada vez máis ampla, personalizada e cun maior aforro, contamos cunha cadea de valor aberta á marca de fabricante, á nosa propia marca e á enorme diversidade de alimentos de produción local nas inmediacións de cada unha das nosas tendas. Ademais, continuamos a manter as nosas alianzas comerciais para mellorar a nosa proposta ás persoas consumidoras en valor por prezo, e reforzando a diversidade do tecido produtivo agroalimentario para alcanzar un sector local sostible a través dun compromiso compartido de EROSKI e a nosa clientela.
As nosas marcas
Desde o seu nacemento, os produtos de marca EROSKI creceron ata converterse nun dos nosos máximos expoñentes, tanto por calidade como prezo e aforro; por iso, continuamos a traballar para ampliar esta gama: ao longo de 2019, foron lanzados 587 produtos novos da nosa gama de marca propia, sumando así xa máis de 6.500 produtos.
Os nosos fornecedores
En EROSKI, traballamos con máis de 10.000 empresas fornecedoras comerciais e de servizos, coas que en 2019 realizamos transaccións económicas por un importe superior aos 4.600 millóns de euros. Isto tradúcese na comercialización de máis de 143.000 artigos diferentes no último exercicio. Dentro do Plan Estratéxico 2017-2020, estamos a desenvolver un Plan Xeral de Colaboración con Fornecedores que abarca todos os ámbitos da nosa organización e que está totalmente aliñado cos nosos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade.
Número de fornecedores comerciais e de servizos por país en 2019
AGECORE, a maior central de negociación europea
A central AGECORE é a nosa central europea de compras, formada por EROSKI xunto ao Grupo ITM (Francia), EDEKA (Alemaña), COLRUYT (Bélxica), CONAD (Italia) e COOP (Suíza), e que, desde os valores de constituír empresas independentes, comparten unha visión estratéxica a longo prazo. O seu obxectivo é poder ofrecer ás consumidoras e consumidores europeos unha gama de produtos máis ampla para unha maior liberdade de elección e uns mellores prezos, ao mesmo tempo que amplía as oportunidades de negocio para as nosas empresas fornecedoras e nos proporciona un punto de encontro con outros distribuidores para buscar sinerxias e intercambiar coñecemento.Responsabilidade social dos nosos fornecedores
Como parte imprescindible da nosa cadea de valor, estendemos todos os nosos compromisos en materia de sustentabilidade a aquelas empresas fornecedoras, esixindo a xestión responsable do seu persoal e potenciando a aqueles que implementan sistemas de xestión ambiental nas súas empresas. Os principios fundamentais en materia laboral e de dereitos humanos que esiximos baséanse nos requisitos da Organización Internacional de Traballo e os Principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, ao que pertencemos desde 2002, e son:Loxística eficiente
En 2019, continuamos coa reestruturación do mapa de plataformas, creando novas instalacións modernas e eficientes, que nos permitirán atender as posibles demandas futuras dos nosos clientes (aperturas, crecementos de gama, servizo ao unitario, e-commerce, maior produto local, etc.). .
Comprometidos para ofrecer máis produto local
Ter a posibilidade de contar cun sector produtivo diverso e orientado ao desenvolvemento sostible a través das pemes do sector primario son os elementos máis relevantes na nosa relación co mundo agroalimentario local. A nosa política comercial potencia ao máximo as economías locais, creando riqueza na contorna, contribuíndo ao desenvolvemento agroalimentario, económico e social.