Tendas

"O modelo de atención ao cliente ‘contigo’ pretende consolidar o cliente como eixo central de todas as nosas decisións"

Rosa Carabel Directora Xeral de Rede Comercial

Máis de 600 tendas de nova xeración

EROSKI continuou un ano máis co seu proceso de remodelación de tendas ao modelo comercial “contigo”, poñendo foco especial na renovación das tendas de Baleares durante este 2017 e nos exercicios posteriores.

Os investimentos da cooperativa estiveron concentrados na reforma das tendas e, ao final de 2017 e tras un investimento superior aos 300 millóns de euros durante os últimos catro anos, son xa máis de 600 os establecementos de nova xeración, 570 deles supermercados. Estas tendas concéntranse principalmente na franxa norte da península, onde EROSKI mantén unha sólida posición no mercado da distribución.

As nosas tendas ‘contigo’ son o centro da relación cos clientes.  Son o lugar no que nos relacionamos directamente con eles para subministrarlles unha gran oferta nas mellores condicións de prezo, calidade e servizo.

A relevante transformación da rede cara a tendas de nova xeración traduciuse, ata o día de hoxe, na creación de 1.155 novos postos de traballo e que as vendas, nestes centros, superen xa o 65% das vendas totais.

EROSKI deu un forte impulso á transformación dixital, coa renovación da súa tenda en liña e o desenvolvemento de novos servizos para ofrecer unha experiencia multicanle e completa ao cliente que permita facer a compra desde calquera dispositivo e recibila na casa no menor tempo posible.

Ademais, durante este ano seguimos desenvolvendo os puntos de recollida para as compras en liña, baixo as modalidades de “Click & Drive” e “Click & Collect”. Na actualidade, contamos con media centena de centros que dispoñen destes puntos de entrega.

Contamos cunha rede comercial de máis de 1.651 establecementos

Temos negocios de diversificación como gasolineiras, ópticas, oficinas de viaxes e tendas de equipamento deportivo

600 tendas de nova xeración que supuxeron 1.155 novos empregos

Máis do 40% da rede comercial alimentaria transformada, cun investimento de 300 millóns de euros

A zona Norte e Baleares, zonas estratéxicas para a compañía

Máis de 55 novas franquías en 2017

Forte impulso de EROSKI á transformación dixital para mellorar a experiencia de compra do cliente

Premio ao Mellor Supermercado en liña

Hipermercados

A rede de hipermercados de EROSKI está composta actualmente por 61 centros, tres dos cales funcionan en réxime de franquía repartidos ao longo de 14 comunidades autónomas.

EROSKI ampliou ao longo do 2017 a súa rede de hipermercados franqueados coa apertura dun hipermercado en réxime de franquía en Melilla e a transferencia ao modelo de franquía dun hipermercado en Elche, cuxa transformación ao modelo “contigo” abordara en setembro.

Esta estratexia de estender aos hipermercados a fórmula de franquía, coa que EROSKI traballa no formato supermercados desde hai máis de 30 anos, englóbase dentro dos plans da cooperativa para os próximos exercicios, que pon un especial foco na competitividade e a adaptación das súas tendas a cada un dos mercados onde desenvolve a súa actividade. Son xa tres as experiencias da franquía de hipermercados, o que permite ampliar os formatos de establecemento que EROSKI ofrece aos franqueados, ampliando o abano de insignias franqueadas desde o supermercado de proximidade ata o hipermercado.

Clientes en hipermercado Eroski

Novo plan de expansión de RAPID

Dentro do seu plan de crecemento, EROSKI lanzou en 2016 unha nova insignia de tendas de conveniencia, RAPID. Trátase de pequenas tendas, arredor dos 150m2, en áreas moi urbanas e zonas turísticas con alta densidade de poboación. As novas tendas RAPID ofrecen unha gama de 3.600 produtos, que inclúe alimentos frescos, froitas e verduras a granel, carne e peixe xa envasado, e contan con forno para ofrecer sempre pan acabado de enfornar. A súa variedade en alimentación, bebidas, drogaría e perfumaría componse con marcas líderes de fabricantes e a marca propia.

Está dirixido a todos aqueles grupos de poboación que precisan realizar compras de conveniencia, moitas veces para responder a necesidades non previstas. Durante os próximos anos prevé estender o modelo de tendas de conveniencia RAPID principalmente en Madrid, Andalucía, Baleares, Levante e Barcelona, que se sumarán ao intenso plan de aperturas de supermercados franqueados que acelerou durante os últimos anos. EROSKI conta, ademais, con convenios asinados con distintos bancos para apoiar os seus actuais e futuros franqueados con condicións vantaxosas de financiamento para abrir unha nova tenda e responder ás necesidades derivadas da súa actividade ordinaria.

Rapid Supermarket Eroski
Frutería Eroski

Premio á mellor franquía de comercio

Por segunda ocasión, EROSKI, recibe o Premio á mellor franquía de comercio de España outorgado pola Asociación Española de Franquiciadores (AEF). O premio recoñece o novo modelo de expansión en franquía iniciado polo grupo hai xa tres anos. Durante este tempo, máis de 200 emprendedores e investidores confiaron na marca EROSKI e hoxe teñen un negocio de éxito nun sector básico como é o da alimentación.

We love Franchis

VEGALSA

VEGALSA EROSKI forma parte de Grupo EROSKI desde 1998 e é o referente na distribución comercial en Galicia. Actualmente desenvolve a súa actividade tamén nas comunidades limítrofes de Asturias e Castela e León, onde conta cunha forte implantación.

A aposta pola produción agroalimentaria local de calidade e o valor da súa orixe, unha constante en toda a traxectoria da compañía, dá un salto cualitativo coa campaña Aposta polos provedores locais, organizando ao longo do ano numerosos actos de promoción e posta en valor da calidade, sabor e orixe da mellor selección dos produtos da terra. Grazas a esta campaña, destináronse máis de 326 millóns de euros a compras de 909 provedores de Galicia, Asturias e Castela e León.

A alimentación saudable é outro dos obxectivos estratéxicos deste ano, sendo un bo exemplo diso a activación da iniciativa “Come Rico. Vive San”, enmarcada no proxecto de alcance nacional “Prevención da Obesidade. Alixeira a túa Vida”.

Ademais, realizouse unha firme aposta pola innovación para potenciar o e-commerce. Ampliáronse a 34 os centros de distribución con servizo a domicilio e de recollida en tenda. Dáse cobertura a domicilio a 9 de cada 10 fogares galegos.

Premios e recoñecementos:

  • Premio AGAFAN polo apoio da compañía ás familias numerosas.
  • ‘Título de Excelencia Galega 2017’ da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña concedido a D. Ventura González Prieto pola súa traxectoria Empresarial.
  • Premio de Humana-Fundación Pueblo para Pueblo a Vegalsa-Eroski polo seu compromiso coa responsabilidade social empresarial e a reutilización téxtil.
  • Premio “eWoman” negocio online outorgado polo Grupo Faro de Vigo-La Opinión de A Coruña, recoñecemento á innovación a través dos desenvolvementos na web para comprar en liña www.eroski.es.
Logo Vegalsa Eroski