Cadea de valor
Melloramos a competitividade comercial
Crear valor para os nosos socios e socias consumidoras move o noso traballo diario. Coa posta en marcha do modelo ‘contigo’, esa diferenza trasládase a todo o ciclo da distribución co obxectivo de ser máis eficientes, competitivos e conseguir a mellor oferta de produtos e servizos para os nosos clientes. Esa diferenza plásmase nos eixos estratéxicos da cooperativa e en cada paso que damos para optimizar os nosos recursos, sempre co obxectivo final de crear valor para os nosos consumidores.
Por iso, o noso ‘Plan de Mellora de Eficiencia 2017-2020’ inclúe innovacións en toda a cadea de valor con proxectos que van desde a negociación con provedores e socios ata a construción dunha relación máis personalizada coas nosas e nosos Socios e Socias Cliente, pasando por todos os procesos comerciais e loxísticos. Grazas ás nosas 22 plataformas loxísticas, acadamos grandes melloras na cadea de subministración e no aprovisionamento eficiente de todos os nosos centros. Todo iso, tendo en conta que somos un grupo omnicanle, e que temos diferentes formas de relacionarnos con todos os grupos de interese. Así, melloramos o servizo de compra en liña, creando máis puntos de recollida e facilitando a entrega no mesmo día.
Hoxe, contamos cunha ampla rede de produtores locais e rexionais con quen traballamos unha política de compras e aprovisionamento adaptada á súa dimensión. E é que tamén fomos pioneiros na creación dunha canteira de provedores que nos permite dispor da mellor oferta de proximidade, posto que para a maioría dos nosos consumidores e consumidoras somos unha referencia á hora de comprar produto local de calidade.
Innovamos en toda a cadea de valor para ser máis eficientes e satisfacer as demandas das nosas e os nosos consumidores
Recentemente publicamos os novos Compromisos EROSKI en Saúde e Sostibilidade para promover unha alimentación saudable e un consumo máis responsable que inclúe innovacións permanentes na nosa propia marca, na relación coas marcas de fabricante e nas relacións cos nosos provedores locais. Para impulsar estes dous eixos, seguimos a buscar novos socios, creamos alianzas para optimizar os nosos procesos de compra e facemos partícipes a todos os nosos Socios e Socias Traballadoras e Socias e Socios Consumidores das grandes decisións do grupo, para situalo como a insignia de referencia nas compras de proximidade e no resto de canles.