Consumidores e consumidoras
Estreitando vínculos cos Socios e Socias Cliente
En EROSKI, situamos os consumidores e consumidoras no centro da organización; impulsamos unha relación cada vez máis personalizada cos consumidores para promover o aforro, así como uns hábitos de consumo saudables e sostibles. Neste sentido, EROSKI Club é a peza fundamental desta estratexia e xa conta con máis de 6 millóns de socios. É o programa de fidelización no que seguimos a innovar. EROSKI Club tamén, é a base para avanzar na multicanle. A tenda física está destinada a convivir coas múltiples opcións que demandan os nosos clientes na actualidade. Así, estamos en continuo proceso de mellora de todas as nosas canles de venda e comunicación en liña, a través da páxina web e a App EROSKI, que permite consultar as ofertas da tenda habitual dos clientes, activar cupóns de desconto e realizar a listaxe da compra, entre outras posibilidades.
Promovemos o aforro, os hábitos de vida saudables e adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes
En 2017 tamén desenvolvemos novas vantaxes de aforro para os nosos socios cliente. Lanzamos dúas novas tarxetas destinadas a promover o aforro directo: MasterCard Eroski Club, á que xa se sumaron 200.000 persoas, e Tarxeta OURO, un programa de aforro fixo e universal do 4% en todas as compras realizadas. Ademais destas iniciativas, durante este ano transferimos 260 millóns de aforro aos nosos clientes, mediante ofertas personalizadas, promocións e campañas; rebaixáronse os prezos en máis de 7.000 produtos, a metade deles de alimentación.
A nosa aposta firme pola saúde e sostibilidade materialízase cos Compromisos en saúde e sostibilidade, construída coa participación de 7.500 socios cliente, que nos marcan o camiño a seguir.
A relación cos socios cliente foi e seguirá a ser unha das grandes áreas de desenvolvemento para enriquecer e estreitar o vínculo con eles. Por iso mimamos cada punto de relación cos mesmos, desde a atención “contigo” nas nosas tendas e os servizos de atención ao cliente ata as múltiples vías e iniciativas de participación e escoita realizadas.