Transparencia
Transparencia
Compromiso coa claridade e a veracidade
Os nosos grupos de interese
A nosa actividade xera impactos en diferentes grupos de interese, e viceversa. Estas persoas, grupos, colectivos e organizacións son moi importantes para nós, xa que existe unha interacción e cooperación mutua, fortalecida e traballada ao longo dos anos.
Mecanismos de comunicación específicos e cuestións e preocupacións clave identificadas para cada grupo de interese
Principios de elaboración da memoria
En EROSKI traballamos para mellorar e ampliar cada ano a información sobre desempeño que presentamos aos nosos grupos de interese como parte do noso compromiso coa transparencia dentro e fóra da organización. Por iso, elaboramos esta memoria baseándonos nos novos estándares da Global Reporting Initiative (GRI), unha institución independente fundada en 1997 que constitúe o marco de referencia máis empregado a nivel mundial en informes de sostibilidade e á que apoiamos dende hai máis dunha década como membros da súa Comunidade GOLD. Ao aplicar os criterios e os principios recollidos nos estándares da GRI buscamos garantir que a calidade da memoria e o seu contido estean aliñados coas expectativas dos nosos grupos de interese, ademais de permitir a comparación dos distintos indicadores reportados cos nosos resultados en anos sucesivos e cos informes presentados por outras organizacións.
Análise de materialidade
Durante o ano 2018, en EROSKI levamos a cabo unha actualización e mellora da análise de materialidade de 2017. Esta análise de materialidade realízase co obxectivo de determinar que temas son relevantes á hora de reflectir os impactos económicos, ambientais e sociais da organización, de influír nas decisións dos grupos de interese ou de xerar un impacto sobre a economía, o ambiente e/ou a sociedade. Considéranse relevantes os que se reflicten na matriz de materialidade.
Matriz de materialidade
Os temas materiais son os incluídos nas áreas sombreadas. Adicionalmente, incorporáronse os sinalados co símbolo * pola súa relación e importancia coa actividade de EROSKI.
Máis informaciónMáis información
Mecanismos formais de queixa e reclamación Índice de contidos GRI e Índice de contidos lei de información non financeira e diversidade Táboa de contidos de Pacto Mundial Táboa de contidos dos obxectivos de desenvolvemento sostible Anexo TÁBOAS DE INDICADORES. COMPARATIVA CON ANOS ANTERIORES