EROSKI activa unha campaña de axuda ás persoas afectadas polos terremotos de Venezuela

- EROSKI apela á solidariedade das persoas consumidoras mediante unha doazón voluntaria ao pasar pola liña de caixas para axudar a cubrir as necesidades máis urxentes da poboación afectada.
- Ademais, complementará a recadación cunha achega adicional.
- A cantidade total que doe EROSKI e a súa clientela canalizaranse a través da Cruz Vermella para apoiar a resposta de emerxencia.
EROSKI activou unha campaña solidaria de emerxencia para axudar ás persoas afectadas polos devastadores terremotos que tiveron lugar en Venezuela. Calquera persoa que o desexe poderá realizar unha doazón voluntaria, de calquera importe, ao pasar pola liña de caixas de calquera establecemento EROSKI.
Os dous fortes terremotos que se rexistraron no centro-norte de Venezuela provocaron graves danos en vivendas, infraestruturas esenciais e servizos básicos, deixando a miles de persoas nunha situación de extrema vulnerabilidade. A prioridade neste momento é apoiar os traballos de busca e rescate, facilitar aloxamento de emerxencia, atención sanitaria, auga potable, artigos de primeira necesidade e apoio psicosocial á poboación afectada.
Como en anteriores campañas solidarias, EROSKI sumará unha achega adicional ao que se recade nas súas tendas grazas ás doazóns das persoas consumidoras. Todas as doazóns canalizaranse a través da Cruz Vermella, que xa está a traballar sobre o terreo xunto coa Cruz Vermella Venezolana para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada.
EROSKI, xunto á súa clientela e á Fundación EROSKI, realizou doazóns superiores ao medio millón de euros durante as últimas campañas solidarias para axudar ás persoas afectadas por desastres naturais e outras emerxencias humanitarias, como a DANA que afectou a distintas comunidades autónomas (outubro de 2024), as inundacións de Marrocos e Libia (2023), os terremotos de Turquía e Siria (2023), a crise de Ucraína (2022), A Palma (2020), Mallorca (2018), Siria (2015), Nepal (2015), Filipinas (2013), Lorca-Murcia (2011) e Haití (2010 e 2016).