Carta de Rosa Carabel

É cada vez máis común comezar a análise anual falando de incerteza. E non faltan razóns para facelo: primeiro, a crise sanitaria que derivou nunha crise económica e social; agora, unha guerra en Europa que, ademais da traxedia humana que implica, provocou un aumento significativo dos custos enerxéticos e das materias primas. Todo iso, xuntos con outros factores, provocou que as economías evolucionaran por detrás das estimacións iniciais e que os niveis de inflación alcanzasen unhas cifras que non se vían dende fai décadas. Se poñemos o foco nos custos dos alimentos, estaremos de acordo en que non recordabamos unha situación como a que estamos xestionando. A pesar de todo, quero resistirme a empregar este termo tan manido; para centrarme no que marcou a nosa xestión durante todo o ano e utilizar dúas palabras que resultan máis apropiadas para describir a forma na que nos enfrontarnos a esta situación tan complexa: responsabilidade e compromiso. 

Todas as actuacións que desenvolvemos este ano tiveron por obxecto axudar, facilitar, mitigar e aliviar. Son termos que poderían empregarse indistintamente como sinónimos da responsabilidade e inquebrantable compromiso que temos co consumidor. Evidéncianse en todas e cada unha das decisións e actuacións que cada unha das persoas que conformamos este proxecto aplicamos ao longo de todo o exercicio. Na actualidade, as empresas do noso sector están sendo inxustamente cuestionadas, por iso dende EROSKI queremos deixar claro que sempre estivemos, estamos e estaremos ao lado do consumidor. Lamentablemente, a pesar dos nosos esforzos, non contamos coa capacidade para absorber a totalidade dos sobre custos que afrontamos. Que non caiba dúbida de que nos esforzamos ao máximo para aplicar todas as medidas posibles que poidan reducir o seu impacto. 

Grazas á nosa firme convicción, logramos transferir aforro ás persoas consumidoras a través dunha actividade de promoción especialmente intensa e dunha vixilancia, seguimento e axuste fino do prezo dos nosos lineais. Para iso, tomamos dúas decisións clave. En primeiro lugar, reducir as nosas marxes comerciais co fin de non trasladar ao cliente a totalidade do incremento dos custos e, como consecuencia, impulsamos unha maior eficiencia en tódolos procesos internos, dende a loxística e a xestión de tendas ata as nosas plataformas e sedes centrais. Todos nos responsabilizamos para identificar oportunidades de aforro para construír un plan eficaz e sostible. 

Estas dúas decisións deron como resultado un incremento da cesta da compra notablemente inferior á media do mercado.  

As nosas alianzas 

En setembro de 2022 cumpriuse o primeiro aniversario da alianza que nos une a EP Corporate Group en Cataluña e Baleares. Estamos realmente satisfeitos dos resultados obtidos que responden plenamente aos obxectivos de negocio que nos propuxemos para ambos perímetros.  

Un dos principais pasaba por renovar a imaxe e o compromiso con Cataluña mediante o relanzamento da marca Caprabo baixo o lema “Benviguda la vida”. A campaña foi o rostro visible dun plan estratéxico que impulsou a expansión da compañía que terá, ademais, a súa continuidade nos próximos anos. Por outro lado, perseguiamos reforzar e consolidar o noso compromiso con Baleares, onde somos un dos líderes consolidados do mercado, entre outras razóns, por combinar como ninguén unha ampla variedade de produtos locais a prezos moi competitivos. Outra das nosas alianzas estratéxicas é a que nos une á Familia González Iglesias en Vegalsa-EROSKI, cos que celebraremos 25 anos o próximo 2023. 

A nosa diferenza 

A promoción do produto local, a sostibilidade e a saúde seguiron sendo unha constante, a pesar da complexidade que estamos xestionando. Cremos firmemente que estas son as pancas que marcan a diferenza. En 2022 fortalecemos a nosa aposta por estes valores mediante a creación do primeiro marketplace dunha empresa de distribución en España para produtores locais, EROSKI Azoka, un espazo de encontro entre os nosos clientes e os pequenos produtores. Ademais, renovamos o noso acordo co Goberno Vasco para o desenvolvemento do sector agroalimentario e co sector transformador en Aragón para seguir sendo un actor clave na rexión.  

O noso compromiso co produtor estendeuse a ferramentas como o programa de acompañamento mediante o cal estamos contribuíndo a que as pequenas empresas produtoras poidan deseñar a folla de ruta que contribúa a que os seus procesos sexan sostibles e os seus produtos de mellor calidade, en beneficio de todas as partes, en especial das persoas consumidoras..  

Por outro lado, seguimos poñendo foco na alimentación dos nosos “pequenos” a través do noso programa de formación en hábitos de alimentación saudable que un ano máis a chegado a centos de colexios e miles de alumnos. 

Un ano máis a contribución social de EROSKI, unida ás xenerosas aportacións dos clientes ás distintas causas propostas ao longo destes doce meses é fundamental para entender o impacto da nosa organización. Foron 23 millóns aportados en solidariedade e acción social; apoio ás familias e colectivos con necesidades especiais; formación e información ao consumidor e cultura, ocio e contorna local. Sen esquecer a nosa mirada global de contribución á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en virtude da adhesión de EROSKI ao Pacto Mundial. 

As nosas decisións difíciles  

O 2022 quedará na nosa memoria por ser o ano no que pechamos o acordo con o Grupo Iberostar traspasándolle o 100% do negocio de Viaxes EROSKI. Foi unha decisión difícil pero responsable e consistente co obxectivo de garantir o futuro do negocio e, por tanto, do futuro laboral das persoas.. Estamos profundamente orgullosos do que Viaxes EROSKI supuxo para toda a sociedade. Naceu fai máis de catro décadas coa ambición de ofrecer un servizo de calidade nun momento de ebulición do turismo como industria. Hoxe ese proxecto terá a súa continuidade no seo dunha das empresas líderes do sector. Desde aquí, grazas a tódalas persoas que formades parte da nosa historia.   

As persoas 

Sen dúbida o noso principal activo son as persoas que conformamos este proxecto e este exercicio quixera destacar a capacidade de adaptación e a flexibilidade que demostraron ao longo dun ano complexo que requiriu dun esforzo extraordinario en todas e cada unha das áreas e tendas da organización. É necesario agradecer e recoñecer a profesionalidade e mestría coas que xestionamos esta situación de cambio permanente.  

Persoalmente, foi un ano especial para min. É a primeira vez que escribo esta carta como líder dun proxecto empresarial que me enche de orgullo, que ten unha raíz e unha alma cooperativa que nos fai ser como somos e facer as cousas como as facemos. Queremos transmitir os nosos valores á sociedade: igualdade, sostibilidade, solidariedade e reparto equitativo de riqueza. Cremos que son valores aos que deberiamos aspirar como sociedade. Temos o claro propósito de contribuír ao desenvolvemento sostible e á súa transformación. Apostamos por ser un referente claro para as persoas consumidoras e queremos evolucionar ofrecendo respostas e aportando solucións ás necesidades que teña en cada etapa vital. Neste ano 2023 continuaremos estando ao lado dos consumidores. Contigo máis que nunca.   

Rosa Carabel 

CEO de EROSKI