Carta de Leire Mugerza
Se me pediran un titular para as seguintes liñas, grazas sería, probablemente, a palabra que de forma máis certeza puidera condensar o que van ler a continuación. Grazas aos equipos de persoas que formamos EROSKI polo esforzo, pola dedicación e pola paixón.
A contribución das persoas, como digo, foi esencial para entender a forma na que a nosa organización respondeu a un período claramente marcado por unha alta inflación, en especial, no que se refire aos produtos de alimentación. As mensaxes simplistas e demagóxicas fan que a opinión pública non poida distinguir entre as distintas actividades empresariais, porque non se consigue diferenciar entre sectores ou non se discriminan unhas empresas de outras. Sirvan estas palabras para reivindicar que non é o mesmo un modelo que outro. En ocasións téndese a baleirar de contido o sentido de EROSKI como asociación de consumidores, como cooperativa de consumidores e esta é unha diferencia clara no sector. Porque todo o que xera repártese entre os seus propietarios, que son as persoas socias de consumo e as socias de traballo, decidimos e abordamos a xestión do negocio pensando en ambos colectivos, porque participamos ambos na decisión. É unha realidade que busca un reparto equilibrado da riqueza que se xera como empresa de distribución, é un diferencial en como decidimos e como o aplicamos, e pódese apreciar con feitos a validez do discurso. É o que somos e o que sirve de folla de ruta para entender por que actuamos desta forma.
Porque o consumidor é o noso centro, neste período fixemos un gran esforzo por non trasladar a totalidade dos sobre custos no prezo de venta ao público, reducindo a marxe de beneficio da empresa, aquela que pertence ás súas 9.500 persoas socias de traballo e á sociedade na que reinviste os seus resultados.
Transparencia na información
Unha das formas de evidenciar o noso compromiso cos consumidores e a sociedade son os 10 compromisos de saúde e sostibilidade, que enmarcan moitas actuacións definidas de forma conxunta con miles de consumidores e feitos explícitos e compartidos entre todas as persoas. A transparencia co consumidor, o noso socio, é un deles.
A mesma transparencia que aplicamos no traslado das mensaxes anteriores, existe á hora de ofrecer a nosa variedade nas tendas. A demanda de información por parte dos consumidores na configuración da súa cesta da compra é un dos atributos máis distintivos dos novos tempos. A confianza en elementos tanxibles como o produto ou intanxibles como a marca gañaron en relevancia para o cliente á hora de definir os seus hábitos de compra. É un factor esencial para EROSKI. Proba diso foron os dous novos sistemas de etiquetado de introducimos en 2022. O primeiro, pioneiro na distribución alimentaria nacional, amósanos de forma sinxela e visual o impacto global dun determinado produto no medio ambiente. Unha iniciativa que irase enriquecendo coa opinión dos miles de consumidores aos que EROSKI preguntou.
A segunda etiqueta incide na aposta da organización por unha alimentación máis ética e sostible co benestar animal como vértice: un sistema de clasificación propio que axuda a identificar as características da crianza da carne de polo e, desta forma, facilitar o coñecemento e o fomento dun necesario espírito crítico que nos fai avanzar como sociedade.
Compromiso social
Se por algo destacou o 2022 é pola dureza que supuxo ser testemuñas do inicio dunha cruenta guerra que afectou ao corazón de Europa e a miles de persoas, incluídas familias enteiras, nenos e nenas. Non hai alivio posible para aqueles que o perderon todo, pero dende EROSKI quixemos contribuír ao traballo que sobre o terreo realizan organizacións como UNICEF para socorrer ás persoas afectadas. Unha vez máis os clientes e clientas foron decisivos na contribución de máis de 560.000 euros na campaña de emerxencia de axuda humanitaria. Non é a primeira vez e, desgraciadamente, non será a última, pero nós actuaremos sempre, porque a solidariedade non é unha acción puntual, é parte do que somos.
Cooperativismo. Non é a meta senón o camiño
Permitíde que dedique as últimas liñas desta carta a enxalzar o modelo empresarial que, sen moito lugar a dúbidas, situou a EROSKI na posición na que está. Un modelo xusto; democrático; que promove a igualdade e a diversidade; que xera e reparte a riqueza de forma equitativa. Un modelo no que cremos firmemente. O noso modelo. Ser cooperativa refórzanos nos valores que queremos trasladar á sociedade. Todo o que facemos, dende a nosa oferta comercial ata os nosos 10 Compromisos saudables e sostibles existen porque somos cooperativa. E isto, fainos máis fortes. Xuntos sumamos, para multiplicar aportámolo á sociedade, aos propietarios deste proxecto, que son os nosos socios e socias de traballo e de consumo. Porque queremos seguir avanzando para lograr que o proxecto cooperativo, con valores ligados á solidariedade e intercooperación, sexa o mellor lugar para as nosas socias e socios de traballo e de consumo, polo que facemos e como o facemos. Xuntos somos máis. EROSKI contigo.
Leire Mugerza
Socia consumidora e Presidenta do Consello Reitor de EROSKI S. COOP.