Alimentación Saudable
Alimentación Saudable
Compromiso coas persoas consumidoras
A saúde e o benestar das persoas consumidoras son a nosa razón de ser, polo que desenvolvemos numerosas liñas de traballo para facilitar aos nosos clientes una vida máis saudable.
A nosa contribución a unha alimentación saudable
Na actualidade, un dos retos máis relevantes aos que debemos facer fronte é a prevención de determinados problemas de saúde vinculados a hábitos alimentarios como, por exemplo, a obesidade. Por este motivo, unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables teñen un papel fundamental para o benestar individual e colectivo. Para garantir que as nosas propostas en saúde e alimentación responden ás necesidades e prioridades ás que apunta a comunidade científica, contamos co Comité Científico da Fundación EROSKI que nos guía e orienta na definición da estratexia, a medio e longo prazo, do noso compromiso coa alimentación saudable. Este órgano asesor, formado por profesionais especializados en distintas disciplinas relacionadas coa saúde, a nutrición, a alimentación e as artes culinarias e gastronómicas, aporta evidencia científica, experta e independente á nosa proposta dende unha visión externa enriquecedora. Complementamos este asesoramento coas suxestións e inquietudes que nos fan chegar os consumidores a través da escoita continua e as canles de participación societaria da cooperativa.
En EROSKI apostamos por unha oferta comercial baseada en produtos capaces de garantir unha alimentación equilibrada e segura. En 2018 logramos a redución de graxas, azucres e sal en preto de 300 produtos, mellorando así o seu perfil nutricional para facelos máis saudables. Ademais, cremos que a nosa contribución á saúde e ao benestar da poboación pasa por ofrecer produtos aptos para as persoas con necesidades nutricionais específicas como os celíacos, colectivo cos que colaboramos estreitamente.
Seguridade alimentaria
Alimentación equilibrada e sostible
Necesidades nutricionais específicas
Alimentación e hábitos saudables dende a infancia
En EROSKI cremos que unha cidadanía formada e informada é fundamental para manter unha alimentación equilibrada e saudable. Neste sentido, a través do noso compromiso n.º 3 promovemos unha alimentación orientada a previr a obesidade infantil, facilitando o acceso a produtos máis saudables e formando aos nenos e nenas para que teñan unha mellor alimentación.
A Escola de Alimentación creouse tras o éxito de “Enerxía para medrar”, o noso Programa educativo en alimentación e hábitos saudables (PEAHS), iniciativa posta en marcha en 2012 pola Fundación EROSKI para frear a tendencia crecente da taxa de obesidade infantil en España. Dende o seu inicio, o 28,5 % dos centros de España participaron no programa. Para 2025, aspiramos a formar a máis de dous millóns de escolares e ás súas familias.
Información en saúde e sostibilidade
EROSKI CONSUMER é un proxecto informativo do Grupo EROSKI que desenvolvemos dende hai máis de 40 anos con ese mesmo obxectivo.
A través desta canle de comunicación pretendemos formar e informar ao consumidor acerca de temas asociados coa alimentación, a seguridade alimentaria e a saúde, pero tamén co ambiente, a solidariedade, as mascotas e o mundo do bebé, a economía, etc.
Este exercicio foi un ano de renovación para EROSKI CONSUMER, no que se deu un paso adiante na forma de ofrecer o contido, introducindo innovación gráfica e deseño sen renunciar aos seus signos de identidade: o rigor e a imparcialidade en contidos útiles e prácticos para o consumidor.