Acción social
Acción social
Compromiso coa cidadanía
En EROSKI, dende a nosa orixe desenvolvemos unha acción social diversa para contribuír dun xeito efectivo ao obxectivo de conseguir unha sociedade máis xusta e solidaria.
A nosa contribución á comunidade
Consideramos a solidariedade como un principio fundamental baixo o que realizar a nosa actividade, por iso dedicamos anualmente o 10 % dos beneficios de EROSKI á Fundación EROSKI para o desenvolvemento de actividades sociais. Deste xeito, apoiamos accións ben por iniciativa propia ou mediante o establecemento de convenios de colaboración con terceiros, para o desenvolvemento social e cultural do noso contorno. Ademais,
desde EROSKI realizamos contribucións económicas a fins sociais que en 2018 sumaron máis de 8 millóns de euros. Para as persoas que formamos EROSKI, é un orgullo ter desenvolvido, en 2018, abondosos acordos e convenios de colaboración con asociacións, ONG e entidades sociais, así como máis de 15 campañas nas que impulsamos o protagonismo e a implicación dos consumidores.
As achegas económicas en 2018 subiron en total a 8.500.199 € distribuídos nos seguintes campos da acción social:
Iniciativas solidarias
Cooperación internacional
- Campaña de recollida de xoguetes coa Cruz Vermella
- Campaña de emerxencia polo tsunami de Indonesia
- Programa entrega de produto
- Estrela solidaria
- Voluntariado Cooperativo
Solidariedade alimentaria
Campañas solidarias con implicación das persoas consumidoras
En liña co noso obxectivo de sensibilizar as persoas consumidoras sobre a urxencia de paliar os problemas na cobertura das necesidades básicas na nosa contorna, organizamos campañas que permitan a implicación da nosa clientela en accións de solidariedade alimentaria: Operación quilo, Gran recollida de alimentos”, e “Ningún neno sen comida!”.Tarxeta solidaria
Co obxectivo de normalizar o acceso ás necesidades básicas dende claves non puramente asistenciais senón integradoras e enmarcadas en procesos máis amplos de incorporación social das persoas en situación de risco de exclusión, en 2018 consolidamos a posta en marcha da tarxeta solidaria recargable, que xa substituíu os vales en papel que entregábamos e permitiu estender esta iniciativa de solidariedade alimentaria a outras rexións como Aragón, Baleares, Galicia e País Vasco.Programa “Desperdicio cero”
En EROSKI seguimos loitando contra o desperdicio alimentario, articulando un protocolo de actuación que garante a seguridade alimentaria nas doazóns de todos os produtos frescos e de alimentación que, malia estar en perfectas condicións de consumo, retiramos dos nosos estantes para cumprir co noso compromiso cos clientes de frescura máxima e aspecto do envase. Asegurámonos de que os produtos doados manteñan a cadea de frío tamén na entidade receptora da doazón e conservamos as mesmas garantías no seu transporte e instalacións ata que o alimento se consume.O criterio de asignación e a entrega final destes produtos ao destinatario realízase a través de máis dun cento de entidades sociais de todo o territorio nacional coas que asinamos convenios de colaboración. O programa tamén busca promover o consumo responsable, polo que, paralelamente ás doazóns de alimentos, desenvolvemos diversas campañas de concienciación aos consumidores para informalos e formalos.
Máis información
Colaboración con persoas con capacidades diferentes ou enfermidades
En EROSKI, conscientes dos retos diarios que deben afrontar as persoas con capacidades diferentes ou con necesidades especiais derivadas dunha enfermidade, mantemos unha colaboración estreita coas organizacións que as representan e traballan pola mellora do seu benestar e calidade de vida. O patrocinio de proxectos e iniciativas neste eido é tamén fundamental na nosa acción social e desenvólvese mediante a sinatura de numerosos acordos de colaboración con entidades sociais do mundo da discapacidade e de diversas enfermedades:
- A Kosta Trail coa diabetes e as enfermidades renais
- VEGALSA-EROSKI coas enfermidades raras e crónicas
- Fundación WOP e EROSKI xuntas pola cura das enfermidades neurodexenerativas
- Loita contra o cancro de mama
- Campaña de sensibilización contra o cancro de pel
Apoio ás familias
Durante o 2018, un total de 13.292 familias numerosas beneficiáronse dun aforro de 804.694 €.
Esta iniciativa súmase ao programa xa existente de axuda ás familias coñecido como “Benvido Bebé”. Grazas a este programa, no pasado exercicio entregamos 1.358.0000 cestas, así como descontos e promocións en produtos pensados para o primeiro ano de vida do bebé. En VEGALSA-EROSKI tamén demos un paso máis na axuda achegada ás familias coa adhesión, en 2016, ao programa “Tarxeta Benvida” da Xunta de Galicia.
Máis información
Fomento da cultura, o lecer e a contorna local
- Promoción e difusión de linguas locais
En EROSKI consideramos as linguas locais como parte esencial do patrimonio cultural das comunidades da nosa contorna, por iso traballamos de forma continua na súa promoción e difusión. -
Lecer e cultura
Intentamos achegar a cultura ás persoas consumidoras a través de diversos patrocinios. Tamén apoiamos as actividades deportivas organizadas na nosa contorna máis próxima.