EROSKI fixa os termos económicos da súa nova emisión de bonos sénior garantidos

- O tipo de interese fixo do bono quedou establecido no 5,750%.
- O bono ten un importe nominal de 500 millóns de euros e vencemento en 2031.
- En paralelo, a cooperativa asinou novos acordos de financiamento con entidades financeiras.
- A compañía anuncia á súa vez a amortización das Obrigacións Subordinadas (OSES), dous anos e dous meses antes do seu vencemento.
Como continuación da comunicación remitida hoxe á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), EROSKI informa de que fixou os termos económicos da súa nova oferta de bonos sénior garantidos, por un importe nominal de 500 millóns de euros, cun tipo fixo do 5,750 % e vencemento en 2031. Os xuros serán pagadeiros semestralmente.
Así mesmo, EROSKI asinou novos instrumentos financeiros que inclúen:
- un préstamo sindicado (TLA) por importe de 370 millóns de euros e con vencemento en 2031,
- unha nova liña de crédito, por importe de 80 millóns de euros, con vencemento en 2031.
Os fondos obtidos mediante a emisión dos bonos e os novos instrumentos financeiros destinaranse a:
- a amortización anticipada das Obrigacións Subordinadas (OSES) con vencemento orixinal en 2028 (209 millóns de euros),
- a amortización anticipada da emisión de bonos sénior garantidos 10⅝ % con vencemento en 2029,
- o reembolso doutros préstamos asinados polo grupo,
- o pagamento de xuros devindicados, primas, comisións e gastos asociados.
CONVOCATORIA A MEDIOS:
EROSKI convoca aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que terá lugar mañá xoves, 20 de novembro, ás 13:00 horas, en Bulevar 30 (Gran Vía 30, planta 13, Madrid). No encontro, Rosa Carabel, CEO do Grupo EROSKI, e Josu Mugarra, director financeiro do Grupo, ofrecerán todos os detalles da operación e atenderán as preguntas dos xornalistas.
A rolda de prensa será retransmitida por streaming para todos os medios que non poidan desprazarse ata Madrid.