Carta do Consello Reitor EROSKI

Cando fai un ano reflexionaba sobre o desempeño de 2019 a través destas mesmas liñas, atopabámonos no punto más álxido da crise sanitaria derivada da Covid-19. O que veu despois e que aínda nos ocupa hoxe, é de sobra coñecido. A crise sanitaria derivou en económica, tensando a moitos sectores da sociedade e a moitos profesionais que dende a súa responsabilidade individual tenderon pontes e ocuparon espazos necesarios para manter a cohesión social.

Nunca son suficientes as oportunidades para dar as grazas ás persoas que facemos EROSKI. A disxuntiva á que nos enfrontamos non foi fácil, pero escollemos: sempre primou o interese colectivo por encima do benestar individual. Non houbo dúbidas. Grazas a todos os que o fixestes posible, pola dedicación, profesionalidade, sensibilidade e colaboración.

Eses atributos son parte da cultura cooperativista sobre a que está construído o proxecto de EROSKI. Son os eixes sobre os que nos baseamos para abordar unha crise destas características. As medidas de protección para facer das nosas tendas un entorno seguro de traballo e compra, as accións de solidariedade que levamos a cabo e a sensibilidade cara aos pequenos produtores que viron como desaparecían algunhas das súas canles de venta máis importantes, son respostas que nacen da nosa forma de entender a empresa. Solidariedade e cooperación: tales son os valores que estiveron máis presentes que nunca nas nosas persoas, e prevaleceron e brillaron con forza nos momentos máis complicados da sociedade, cando máis necesarios eran.

O presente está cheo de importantes desafíos e o futuro aínda está por definir. A única certeza é que dende EROSKI seguiremos sendo fieis aos principios cooperativos que nos levaron a ser esixentes con nós mesmos. Un proxecto baseado na proximidade ás persoas do noso proxecto cooperativo, persoas traballadoras e consumidoras, que foron as catalizadoras do noso traballo e actuacións, para poder adaptarnos xuntos ás necesidades e hábitos de consumo que require a nosa sociedade.

Seguiremos traballando firmemente por poñer o consumidor no centro, avanzando firmemente no cumprimento dos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade. Por ofrecerlle toda a formación e a información necesaria para que tome as mellores decisións de compra. Adaptando, incluso, as nosas canles para que poda facelo de maneira telemática dunha forma segura. Seguiremos promovendo unha alimentación saudable e sostible, coa incorporación de produtos ecolóxicos e o ecodeseño dos envases. Manteremos a nosa firme proposta pola formación dos máis pequenos en hábitos de vida saudables a través dos nosos programas educativos en centros escolares. Todo iso, ademais, cunha perspectiva innovadora  para facer da experiencia de compra algo máis atractivo, áxil, seguro e eficaz.

Todo o que facemos facémolo polo cliente, polo consumidor, que son na súa gran maioría socios e socias da cooperativa. É a nosa forma de entender as relacións comerciais, algo moito máis relevante que unha mera transacción e que adquiriu especial importancia nestes tempos de pandemia.

Tivemos toda a satisfacción, ademais, de que o noso traballo foi valorado externamente a través de numerosos recoñecementos ao longo do ano. Destaco dous: o Premio Cidadáns polo compromiso e a responsabilidade de EROSKI na xestión da crise sanitaria e o Premio Europeo de Medio Ambiente polo compromiso no fomento da pesca sostible. Saúde e Sustentabilidade. A nosa folla de ruta.

No ámbito corporativo tamén se produciron importantes fitos, como é a posta en marcha de ERLAN, un fondo solidario aprobado na Asemblea Xeral e que axudará aos socios de traballo, que no futuro así o necesiten, a realizar a achega necesaria ao capital social marcado nos estatutos da cooperativa. É unha mostra máis da solidariedade e cooperación que emana dos nosos principios cooperativos.

EROSKI é unha organización presente no día a día das persoas, cunha influencia directa na construción social de cidades, pobos e barrios, temos responsabilidades na contorna na que operamos, e seguímonos comprometendo con iso. Neste complicado período que nos tocou vivir fomos soporte e axuda para miles de persoas. Seguiremos traballando contigo, xuntos, para que a nosa cooperativa de consumo siga sendo referente.

Leire Mugerza
Presidenta do Consello Reitor de EROSKI