• O investimento global no 2023 ascendeu a 14 M€ e xeráronse 360 postos de traballo

  • Mantén o ritmo de aperturas de franquías de anos anteriores, que ten un balance de 307 inauguracións no últimos cinco anos e remata o ano con 628 supermercados franquiados

  • O 52% das aperturas da franquía no 2023 corresponden a franquiados que xa teñen outra tenda de EROSKI baixo este réxime

  • EROSKI recibiu no 2023 o Premio ao ‘Mellor Franquiador do ano’ na categoría de alimentación outorgado pola Asociación Española de Franquiadores (AEF) e mais o premio á mellor franquía na categoría ‘Franquías de Supermercados’ nos premios ‘Comercio do Ano 2023-2024’

As vendas da rede de supermercados franquiados de EROSKI aumentaron un 10,6% durante o exercicio 2023. Cun investimento global que ascendeu a 14 millóns de euros, EROSKI abriu 65 franquías no 2023 e xerou 360 postos de traballo.

Esta expansión, xunto á transformación emprendida na súa rede de tendas propias, deulle un forte pulo á extensión do modelo comercial ‘contigo’ que define a nova xeración de tendas EROSKI. As comunidades autónomas nas que se concentrou o maior número de aperturas son Cataluña (27), Andalucía (10), Baleares (5) e País Vasco, Castela León e Castela A Mancha (4). Séguenas Aragón (3) e Estremadura, Galicia, Comunidade Valenciana e Madrid (2).

EROSKI mantén o ritmo de aperturas de franquías de anos anteriores, que ten un balance de 307 inauguracións nos últimos cinco anos e remata o ano con 628 supermercados franquiados. Segue, xa que logo, a espallar a súa rede franquiada co foco posto en Cataluña, País Vasco, Andalucía, Madrid, Castela-A Mancha, Estremadura e Levante, para os vindeiros anos. Durante o exercicio 2024 EROSKI ten previsto inaugurar 57 franquías.

“Estamos satisfeitos coa evolución da rede franquiada de EROSKI. Cumprimos os obxectivos máis importantes en canto a crecemento en vendas e rendibilidade e mais no tocante ao número de aperturas de novas tendas. Neste escenario, somos optimistas para este novo exercicio e temos que continuar apostando polo acompañamento ao franquiado”, subliña o director de Franquías EROSKI, Alberto Cañas.

 

Formatos comerciais

As franquías de EROSKI responden ao modelo comercial ‘contigo’, que integra todas as características, avances e vantaxes da súa rede de tendas propias EROSKI: aposta polo produto local e rexional, pola promoción da alimentación saudable, pola contribución ao aforro dos seus clientes e mais polo seu compromiso coa responsabilidade social e a sustentabilidade a través de iniciativas de solidariedade e de redución do impacto ambiental.

A actual rede de supermercados conta con diferentes formatos comerciais, entre os que destaca EROSKI City, que son supermercados de proximidade de 250 a 400 metros cadrados, con ampla variedade de alimentación e frescos. O formato máis novo é a súa insignia Rapid, un formato de ultra proximidade e conveniencia en 150 metros cadrados, adaptable a calquera localización -cidades, gasolineiras, universidades, zonas turísticas ou praias- e onde é posible facer unha compra cómoda, rápida e completa.

 

Confianza dos franquiados

EROSKI aposta decididamente por achegar ao mercado algo diferente en canto ao modelo de franquía que prima hoxe. “Somos unha empresa de base cooperativa, de traballadores e consumidores, con valores propios. Por iso entendemos as necesidades dos nosos franquiados. Segundo a última enquisa de satisfacción realizada no ano 2023, o 96,49% deles valóranos positivamente”, destaca o director de Franquías de EROSKI.

O 52% das aperturas da franquía no 2023 corresponden a franquiados que xa teñen outra tenda de EROSKI baixo este réxime. “De feito, o 46% da nosa rede actual de franquías pertence a multifranquiciados. Isto é un sinal que evidencia a solidez e confianza que os empresarios depositan no noso modelo de franquía. Este modelo, con máis de 45 anos de experiencia, foi continuamente optimizado e actualmente é adaptable a diversas localizacións, desde centros urbanos ata gasolineiras ou universidades. A preferencia dos nosos franquiados por seguir investindo nas nosas tendas demostra a súa satisfacción e o éxito do noso negocio”, subliña Alberto Cañas.

 

Recoñecemento á mellor franquía

EROSKI recibiu no 2023 o Premio ao ‘Mellor Franquiador do ano’ na categoría de alimentación outorgado pola Asociación Española de Franquiadores (AEF). Este galardón recoñece e pon en valor o apoio e asesoramento aos franquiados de maneira continua, uns valores diferenciados da organización que se dá trasladado á rede e un sólido plan de márketing para a franquía de EROSKI e, en definitiva, unha excelente xestión da súa rede de franquías.

Ademais, tamén recibiu o premio á mellor franquía na categoría ‘Franquías de Supermercados’ nos premios ‘Comercio do Ano 2023-2024’. Estes recoñecementos son concedidos polas persoas consumidoras no maior certame de consumidores de España e un dos maiores estudos de mercado do sector do retail.

 

 

Convenios de colaboración

A cooperativa mantén o seu convenio de colaboración coa Confederación Española de Asociacións de Novos Empresarios (CEAJE) para lles dar apoio e impulsar o emprendemento entre os novos empresarios e os autónomos. Amais de reforzar o seu compromiso co emprendedor, EROSKI busca contribuír ao desenvolvemento da economía local nas distintas comunidades autónomas.

EROSKI continúa a espallar o modelo de empregabilidade para persoas con discapacidade que comezou a desenvolver no 2015. Actualmente conta xa con 9 tendas destas características, 4 delas xunto a GUREAK no País Vasco, 2 en Castela León xunto a SOLTRA e 3 máis en Cataluña da man de AMPANS. O pasado ano abríronse 2 tendas en Vegalsa con SOLTRA e en Caprabo con AMPANS.

Compartir en: