• O automatismo de EROSKI foi recoñecido como unha das vinte mellores innovacións do pasado ano presentadas esta mañá no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades en Madrid

  • AutoStore é un sistema robótico de almacenaxe e xestión de pedidos que EROSKI implementou xunto a Smartlog, e converteuse no primeiro sistema de almacenaxe AutoStore da gran distribución nacional para preparar pedidos ou repoñer stocks maximizando a eficiencia

A 8ª edición do Observatorio de Innovación en Gran Consumo (OIGC) recoñeceu hoxe o innovador sistema de almacenaxe AutoStore de EROSKI, inaugurado en maio do ano pasado nun dos seus centros loxísticos de Baleares, como un dos vinte mellores proxectos de transformación do sector no 2024. Este recoñecemento, anunciado hoxe no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, pon en valor a capacidade de EROSKI para afrontar os retos actuais do sector e para optimizar as súas operacións mediante a innovación tecnolóxica.

O OIGC avaliou 350 iniciativas e destacou aquelas que responden á crecente esixencia das persoas consumidoras en termos de sustentabilidade, saúde e personalización, amais da optimización operativa e a mitigación do impacto ambiental. Neste contexto, a implantación do sistema AutoStore na plataforma loxística de EROSKI en Son Morro (Palma) foi recoñecida polo seu carácter pioneiro na distribución alimentaria en España.

AutoStore é un sistema robótico de almacenaxe e xestión de pedidos que EROSKI implementou xunto a Smartlog, e converteuse no primeiro sistema de almacenaxe AutoStore da gran distribución nacional para preparar pedidos ou repoñer stocks maximizando a eficiencia. Este innovador sistema permítelle a EROSKI optimizar a reposición de produtos nas súas tendas, xa que asegura que todas as referencias estean dispoñibles de modo constante e evita o exceso de stock. Grazas a esta tecnoloxía, EROSKI pode servir calquera produto de maneira unitaria, co que mellora a eficiencia na distribución e garante a dispoñibilidade dos produtos para os seus clientes.

O director de Plataformas de EROSKI, Alfonso Muñoz, e o director de EROSKI en Baleares, Alfredo Herráez, ao recolleren o recoñecemento salientaron que a posta en marcha de AutoStore en EROSKI Baleares “supón un avance que non só reforza o compromiso da compañía coa innovación e a excelencia na distribución, senón que tamén posiciona a EROSKI como referente na aplicación de solucións tecnolóxicas no sector de gran consumo”.

Con esta iniciativa, EROSKI reafirma a súa aposta pola transformación dixital e pola mellora continua nos seus procesos loxísticos, co obxectivo de lles ofrecer o mellor servizo ás persoas consumidoras e de contribuír a un modelo de distribución máis eficiente e sostible.

En total, o OIGC identificou 350 casos de innovación tras consultar a máis de 1.200 entidades do sector e levar a cabo un proceso de monitorización e análise durante once meses. De todas as iniciativas rexistradas, preseleccionáronse 60 proxectos, e un comité de 16 expertos independentes seleccionou finalmente as 20 innovacións máis destacadas do ano.

Compartir en: