• O vindeiro sábado EROSKI sumarase ao apagón simbólico da maior iniciativa global en defensa do medio natural, que este ano ten por lema “Dálle unha volta ao planeta”

  • EROSKI e WWF colaboran desde hai anos para promover políticas ambientais en relación coa sustentabilidade dos caladoiros de pesca, a mellora da eficiencia enerxética e a promoción dun consumo máis responsable

EROSKI súmase por décimo segundo ano consecutivo á campaña “A Hora del Planeta” promovida por WWF co respaldo de Nacións Unidas, realizando un apagamento simbólico da súa páxina web www.consumer.es, que seguirá activa cunha luz atenuada de menor intensidade, amais de coa difusión da iniciativa que realizará na súa páxina web e redes sociais e mais cun apagamento nos rótulos dalgúns dos seus establecementos. Millóns de persoas de todo o mundo apagarán a luz durante unha hora (entre as 20:30 e as 21:30 hora local) o vindeiro sábado, 25 de marzo, para concienciar o mundo sobre a importancia do medio natural e da loita contra o cambio climático.

O lema deste ano é “Dálle unha volta ao planeta” e trátase dunha carreira polo planeta para loitar contra o cambio climático e a destrución da natureza que xa comezou. O obxectivo é reducir as emisións de CO₂ á metade para o 2030 e deter a perda da biodiversidade.

“Un ano máis EROSKI únese a esta iniciativa de WWF, que se converteu na maior acción global de sensibilización en defensa do medio natural coñecida ata o momento. Os consumidores son cada vez máis esixentes cos criterios de sustentabilidade e en EROSKI traballamos para lles dar resposta a esas demandas a prol dun consumo máis responsable”, sinalou o director de Saúde e Sustentabilidade de EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa.

Compromiso coa loita contra o cambio climático

A deterioración do clima, a perda de hábitats e o declive silvestre son as consecuencias provocadas pola crise climática que, ademais, se produce nun contexto de elevados prezos da enerxía, principalmente do gas, agravado polo conflito bélico de Ucraína. EROSKI redobrou os seus esforzos en materia de sustentabilidade e un dos fitos máis importantes é o seu ambicioso compromiso de alcanzar as cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro no 2050. Este reto atópase enmarcado na súa adhesión ao Código de Conduta sobre negocio responsable de alimentos e prácticas de márketing da Unión Europea.

EROSKI conseguiu o pasado ano a súa segunda estrela Lean & Green por alcanzar o obxectivo de reducir máis dun 30% as súas emisións de CO2 nos procesos de loxística e transporte no exercicio 2021, un ano antes do prazo establecido pola iniciativa. Concretamente, EROSKI rebaixou as emisións un 32% respecto ao ano base 2015. Iso significa evitar máis de 36.000 toneladas de emisións equivalentes de CO2.

Máis de 15 anos de colaboración

EROSKI e WWF, que colaboran en distintas iniciativas desde hai máis de 15 anos, para o desenvolvemento de distintas políticas ambientais en relación coa explotación sostible de caladoiros, a mellora na eficiencia enerxética, a promoción dun consumo máis responsable, a promoción de pesca sostible ou o lanzamento de produtos de marca propia EROSKI con boas prácticas sostibles. Ademais, WWF colabora coa revista www.consumer.es, publicando contidos na súa canle de medio ambiente e avala o programa da cooperativa sobre alimentación saudable Ekilibria.

Doutra banda, WWF segue a desenvolver contidos pedagóxicos para un módulo específico sobre sustentabilidade dentro do Programa Educativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables que desenvolve a Escola de Alimentación EROSKI en colaboración con centros escolares de toda España.

Compartir en: