• As vendas brutas aumentaron ata alcanzaren os 4.367 M€

  • O ebitda situouse en 246 M€

  • Mantense o esforzo e as marxes continúan a reducirse para mitigar o impacto das maiores custas nos prezos dos produtos

O grupo EROSKI pechou as contas do terceiro trimestre do presente exercicio, do 1 de febreiro ao 31 de outubro do 2024, reflectindo un sólido crecemento en vendas nun contorno desafiante.

Durante os primeiros nove meses do exercicio, a facturación de grupo EROSKI continuou a súa senda de crecemento. O volume de actividade alcanzou unhas vendas brutas de 4.367 millóns de euros, o que representa un incremento do 2,4% con respecto ao mesmo período do exercicio previo.

Destaca especialmente a cifra de vendas brutas no eido alimentario, que alcanzou os 4.149 millóns de euros, un 3,1% superior á rexistrada nos primeiros nove meses do 2023. Esta evolución foi posible grazas á positiva acollida do esforzo promocional e de contención de prezos que o grupo implementou e mantén dende o 2021. Para iso, realizouse un forte esforzo destinado a reducir o devandito impacto, que ascendeu a 33 millóns de euros durante os primeiros seis meses do 2024.

O resultado positivo do grupo elevouse ata os 66,3 millóns de euros, mellorando as expectativas iniciais da compañía. A cifra, inferior á do ano anterior en 38,7 millóns, reflicte fundamentalmente a mellora da competitividade dos prezos e os menores resultados extraordinarios que se produciron en comparación co mesmo período do 2023.

“Durante os primeiros 9 meses do ano consolidamos o crecemento das nosas vendas brutas alimentarias, que foron un 3,1% superiores ao mesmo período do 2023. O seu aumento estivo impulsado en boa medida pola nosa nova política de prezos, que se apoia nun notable esforzo destinado a aliviar o peto das persoas consumidoras. Un claro exemplo é o aforro acumulado de máis de 33 millóns de euros que xeramos nos primeiros seis meses do exercicio 2024 para quen elixe EROSKI para realizar as súas compras. Ademais, investiremos 22 millóns de euros en promocións especiais este Nadal. A campaña “Ofertones do Nadal” incluirá descontos importantes en máis de 100 produtos estrela. Isto permítenos reforzar a nosa competitividade en prezo e atractivo comercial”, explicou a CEO de EROSKI, Rosa Carabel.

Control de custos
Malia ao ámbito inflacionario, a compañía deu contido o aumento dos seus gastos a un crecemento moderado con respecto aos primeiros nove meses do 2023, o que evidencia unha eficiente xestión en todas as áreas a través da continuidade en actuacións de mellora de eficiencia.

Sólido ebitda e proxección estable para o peche do exercicio
O ebitda alcanzou os 246 millóns de euros nos nove primeiros meses do exercicio e sitúase en sólidas taxas de arredor do 6%, o que permite manter unha previsión favorable para o peche do exercicio similar ao mesmo período do ano anterior.
De cara ao último trimestre do ano, o grupo EROSKI mantén perspectivas positivas, enfocado en consolidar o crecemento e estabilizar a rendibilidade.

Sobre o grupo EROSKI
EROSKI é o primeiro grupo de distribución de carácter cooperativo de España e un dos líderes do norte do mercado español -dende Galicia a Baleares- cunha cota de mercado do 12,8% nesa zona; é líder no País Vasco, en Navarra e en Galicia, e colíder en Baleares. A súa rede comercial, a peche do 2023, elévase a 1.533 establecementos, entre supermercados, hipermercados, cash & carry e supermercados online; conta tamén con gasolineiras, tendas de deporte e outros negocios non alimentarios. Ademais, dispón de máis de 6,4 millóns de Socios Clientes e de máis de 27.400 persoas socias cooperativistas e traballadoras, das cales preto de 9.000 son socias propietarias, ás que cómpre sumar o colectivo de persoas traballadoras das máis de 620 tendas franquiadas.

Compartir en: