• Por sétimo ano consecutivo, os consumidores elixen EROSKI como o mellor Supermercado Online

  • Por primeira vez nesta edición, EROSKI recibe o premio na categoría “Mellor Comercio do Ano” en ‘Produtos Frescos’ e ‘Hipermercados’

  • Tamén recibiu o “Premio Mellor Comercio do Ano” nas categorías de Supermercados de Proximidade e de Franquías

EROSKI recibiu cinco galardóns na décima edición dos Premios Comercio do Ano 2023-2024. Concretamente foi premiada nas categorías de comercio online, produtos frescos, hipermercados, supermercados de proximidade e franquías. Estes recoñecementos foron concedidos polas persoas consumidoras no maior certame de consumidores de España e un dos maiores estudos de mercado do sector do retail.

Estes galardóns supoñen un recoñecemento aos eixes principais do modelo comercial “contigo” de EROSKI, que se caracteriza por unha forte aposta polos produtos locais e frescos de tempada, a promoción da alimentación saudable e sostible, atención personalizada, novas modalidades de aforro na cesta da compra cotiá e innovacións tecnolóxicas para reducir o impacto ambiental da súa actividade.

WebShop do ano

Por sétimo ano consecutivo, EROSKI recibiu o galardón ‘WebShop do ano’ na categoría de supermercados online. Na votación, as persoas consumidoras valoraron variables como a relación calidade-prezo, a amplitude da oferta, o servizo ao cliente, a entrega de pedidos, as promocións e ofertas, as modalidades de pagamento ou a experiencia do usuario, entre outras.

O supermercado EROSKI online conta con máis de 14.000 referencias de alimentación e frescos e mais con produtos de non alimentación que inclúen bazar, electrodomésticos e téxtil, para asegurar a máxima cobertura de necesidades do cliente na súa cesta da compra. Trátase dun servizo que presenta as vantaxes comerciais do mundo físico no supermercado online, garante unha experiencia de compra uniforme entre canles e ofrece a posibilidade de recollida de compras online de xeito gratuíto e inmediato.

Conseguir durante 7 anos consecutivos este premio non foi unha casualidade, é o resultado dun traballo ben feito que ten os consumidores no centro de todas as nosas decisións. Este premio recoñece a nosa traxectoria ao longo dos anos e móstranos ante a sociedade como unha marca de confianza e calidade”, detallou a responsable de negocio online de EROSKI, Olga Eguizabal.

Premiada en dúas novas categorías

Como novidade nesta edición EROSKI foi premiada na categoría ‘Mellor Comercio do Ano en Produtos Frescos’ e ‘Hipermercados’ e repetiu galardóns nas categorías de ‘Supermercados de Proximidade’, de ‘Franquías de supermercados’ e ‘Comercio online‘. “Este premio confirma que a nosa proposta omnicanal é apreciada en toda a súa dimensión polos consumidores, que atopan en todos os nosos formatos e canles resposta ás súas necesidades. E é en resposta ás necesidades actuais polo que dende EROSKI seguiremos a traballar para reducirmos os efectos da alta inflación de custas que se mantén no eido alimentario”, afirmou o director de Supermercados e Procesos de EROSKI, Alberto Madariaga.

Mellor Comercio en franquía

Na franquía EROSKI impleméntase tamén o devandito modelo comercial, que integra todas as características, avances e vantaxes da rede de tendas propias EROSKI. Conta con diferentes formatos comerciais, entre os que destacan EROSKI City para supermercados de proximidade de 250 a 400 metros cadrados, con ampla oferta de alimentación, frescos en libre servizo, e atención personalizada, e EROSKI Rapid, un formato de ultraproximidade e conveniencia de aproximadamente 150 metros cadrados, que fai posible unha compra cómoda, rápida e completa con capacidade de adaptación a case calquera situación -cidades, gasolineiras, universidades, zonas turísticas, praias. A rede de franquías EROSKI, que cumpriu 45 anos, mantén o ritmo de aperturas de anos anteriores e supera xa os 600 supermercados franquiados.

Compartir en: