• EROSKI levou a cabo nas súas tendas unha campaña de recollida de fondos para axudar a cubrir as necesidades básicas da poboación afectada

  • O total do doado por EROSKI e mais os seus clientes canalizarase a través da Cruz Vermella

  • EROSKI completou a recadación das doazóns dos seus clientes cunha achega adicional

EROSKI e os seus clientes recadaron 86.000 euros na campaña desenvolvida nas súas tendas para a axuda ás persoas damnificadas polas inundacións en Libia e polo terremoto en Marrocos. Os clientes realizaron unha doazón voluntaria ao pasaren pola liña de caixas polo importe desexado.

Ao recadado nas súas tendas grazas ás doazóns dos clientes, EROSKI achegou unha axuda adicional que se suma aos 10 millóns de euros que o grupo destina anualmente a contribuír en causas sociais.

O total do doado por EROSKI e os seus clientes canalizarase a través da Cruz Vermella, que está a atender as necesidades da poboación afectada, xunto ao resto de organizacións locais e internacionais, e en coordinación coas autoridades do país que están a traballar de forma urxente en Libia e Marrocos.

“Queremos agradecer a resposta que tiveron os consumidores ante este chamamento. Accións coma esta campaña son moi importantes para chegar onde fai máis falta, e da maneira máis rápida posible”, sinalou o director de Saúde e Sustentabilidade de EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa.

“Agradecemos novamente a resposta de EROSKI e dos seus clientes que, unha vez máis, amosaron a súa solidariedade e compromiso coas persoas máis vulnerables en emerxencias tan graves como as que se viviron en Libia e Marrocos. Co apoio de iniciativas coma esta, na Cruz Vermella seguimos a traballar intensamente nas rexións afectadas, como o fixemos desde o primeiro momento”, expresou Jaime Gregori, director de Captación de Fondos, Alianzas con Empresas e Responsabilidade Social da Cruz Vermella Española.

 

EROSKI, xunto aos seus clientes, e Fundación EROSKI realizaron doazóns superiores ao medio millón de euros durante as últimas campañas solidarias activadas para axuda a damnificados por desastres naturais e outras causas humanitarias en destinos como Haití (2010 e 2016), Lorca – Murcia (2011), Filipinas (2013), Nepal (2015), Siria (2015), Mallorca (2018), A Palma (2020) ou Ucraína (2022). A última, este ano, destinouse á poboación afectada polos terremotos de Siria e Turquía.

Compartir en: