EROSKI dálle un novo pulo ao aforro das familias cun investimento previsto de máis de 71 M€ para o 2025
Hoxe bota a andar unha iniciativa con baixadas de prezo en 700 produtos de MMPP

O investimento do grupo de distribución en baixadas de prezos desde o 2023 ascende a 171,6 M€
A MMPP de EROSKI alcanza xa o 37 % das súas vendas en alimentación e frescos
Esta nova baixada de prezos enmárcase no seu compromiso en ofrecer alternativas baratas sen renunciar á calidade
EROSKI dálle un novo pulo ao seu compromiso co aforro das familias no 2025, ao que vai destinar 71,6 millóns de euros a través de diversas actuacións de baixada de prezos. Como parte deste compromiso, bota a andar hoxe unha nova iniciativa que reduce o prezo de 700 produtos da súa marca propia, que terá un impacto directo no tícket medio da compra, favorecendo a economía dos fogares sen comprometer a calidade. As referencias con desconto abranguen categorías esenciais na cesta da compra, como pasta, arroz, conservas de peixe e verduras, aceites, iogures, bebidas, produtos de droguería e coidado persoal, entre outras.
Aposta continua polo aforro dos fogares
Desde o 2023, EROSKI ten levado a cabo diversas iniciativas de redución de prezos, alcanzando un total de 1.600 referencias da súa marca propia rebaixadas. A cantidade destinada a esas iniciativas, xunto á previsión para este ano, eleva o investimento de EROSKI a prol do aforro durante o devandito período ata os 171,6 millóns de euros.
“O noso compromiso é ofrecermos sempre unha alternativa de calidade a prezos axustados. Con esta iniciativa, buscamos ofrecer produtos esenciais a prezos máis competitivos, adaptándonos ás necesidades actuais das familias. Para iso, reforzamos a competitividade da nosa marca propia, con novas reducións de prezo, apostando por un modelo de consumo responsable e accesible para todos os fogares”, explicou a directora Comercial de EROSKI, Beatriz Santos.
Crecemento da marca propia na cesta da compra
Nos últimos anos, a marca de distribuidor logrou atraer a máis persoas consumidoras. O volume de vendas da marca propia en EROSKI medrou un 14,8 % entre o 2021 e o 2024, e consolidou o seu peso na cesta da compra. Ademais, a frecuencia de compra en EROSKI aumentou aproximadamente un 3,4 % no último ano, o que indica unha maior fidelización e preferencia pola súa marca propia. Ademais, no 2024 EROSKI rexistrou un notable transvasamento de consumo cara ás súas marcas, e alcanzou o 37 % das súas vendas en alimentación e frescos, o que igualmente demostra a súa relevancia na cesta da compra da súa clientela.
Asemade, a compañía fortaleceu a variedade que ofrece de marca propia, que conta con máis de 5.000 referencias, destacando a incorporación de novas referencias en categorías como produtos ecolóxicos, cosmética e alimentación saudable. As categorías de alimentación con maior crecemento en volume de vendas —en euros— de marca propia de EROSKI no últimos tres anos foron as conservas de peixe, o aceite e os xeados. Outras categorías cun crecemento destacado inclúen o leite, os iogures, os ovos e os froitos secos.
Actualmente os fogares buscan alternativas de calidade a bos prezos, especialmente nun contorno marcado polo aumento das custas de vida. Con esta nova iniciativa de baixada de prezos da súa marca propia, EROSKI responde a esa demanda, asegurando prezos competitivos sen reducir os estándares de calidade. “Non se trata só de prezos máis baixos, senón, ademais, de garantir que as familias accedan a produtos de alta calidade cunha relación calidade-prezo inmellorable. Queremos que a nosa clientela poida seguir confiando na nosa marca propia como unha opción sólida e fiable para o seu día a día. Para iso mantemos un exhaustivo control nos nosos produtos de marca propia, con análises organolépticas, probas de laboratorio e catas de consumidores. Ademais, continuamos apostando pola innovación e a sustentabilidade no desenvolvemento da nosa oferta”, afirmou Beatriz Santos.
Compartir en: