Carta de Leire Mugerza

Presidenta do Consello Reitor de EROSKI

Chegamos. Unha frase que encerra moitos significados nestes incertos tempos. É unha incerteza que non afunde as súas raíces en elementos internos, se non que obedece a causas externas: unha pandemia, a inflación, unha guerra en Europa… É unha incerteza que nos obriga a repensar as nosas prioridades. A inquietude e o sufrimento da sociedade non nos resultan alleas ás empresas. Debemos ser parte activa da solución.

A Corporación Mondragón utiliza un lema que facemos propio
tamén as súas cooperativas: Humanity at work. Nunca houbo mellor aplicación posible que estes dous últimos anos. As persoas que facemos EROSKI demos o mellor para acompañar á sociedade neste período. Con tensión, pero con alma. Chegamos. Ou estamos chegando, porque seguiremos atentos ao rumbo que tome a guerra en Ucraína e actuaremos para amortecer os seus efectos no plano humano.

Chegamos a miles de persoas necesitadas

Este 2021 chegamos a moitas máis persoas a través de miles de pequenas aportacións. É case máxico alcanzar tal nivel de capilaridade social: dende EROSKI e dende os nosos clientes apoiamos a máis de 435.000 persoas a través de 260 entidades sociais.

Esa maxia posibilitouna, entre outras cousas, o programa Céntimos Solidarios onde logramos máis de 14 millóns de doazóns. Non só iso: 12.400 clientes escolleron as causas sociais ás que destinaremos os nosos recursos gracias ao traballo de escoita activa que desenvolvemos con todos eles no último trimestre do 2021.

Pero, ademais, contribuímos a través doutros programas como o Desperdicio Cero, para mitigar o dispendio alimentario e colaboramos con centenares de organizacións como os Bancos de Alimentos na construción dunha sociedade máis xusta e sostible.

Chegamos a un consumidor mellor informado

O consumidor é a nosa razón de ser como cooperativa de consumo. Estamos convencidos de que un consumidor mellor formado e informado tomará mellores decisións que afectarán de forma positiva á súa saúde. Tiñamos isto en mente cando en 2019 fomos a primeira empresa na distribución española en introducir o etiquetado frontal Nutri-Score, que se engadía ao Semáforo Nutricional xa incorporado fai máis dunha década. Os datos da análise publicada na revista Consumer do mes de xullo mostran claramente que ao consumidor lle inflúe de forma positiva a información que lle aportamos. Tamén chegamos aquí.

Gracias a un esforzo compartido

O ano 2021, ademais, foi para EROSKI o inicio dunha nova etapa. Un nacemento impensable sen a implicación de todo o colectivo social e, sobre todo, sen o seu sacrificio, traballo e dedicación. As decisións que tomamos permitíronnos, hoxe, transformar o Grupo. Gracias a eles e elas chegamos.

E agora tócanos avanzar para fortalecer esta nova etapa

Sabemos que a forza do cooperativismo se fundamenta na solidariedade de moitos, que se nutre do esforzo, o tesón e o coñecemento dos individuos. Excelentes individualidades que suman e iso fai que a forza se multiplique. Experimentámolo. A diferenza nun proxecto como EROSKI non só radica en ter un bo líder, se non en que sexa un bo líder cooperativo, e iso tamén o compartimos. Gracias, Agustin Markaide, por compartir unha maneira de facer empresa, unha empresa de distribución, pero cunha permanente adecuación do propósito.

Iniciamos a nova etapa coa mirada renovada, con Rosa Carabel, mantendo a Misión deste proxecto cooperativo. Seguiremos avanzando en pro da saúde dos consumidores e na sostibilidade do noso contorno, no noso proxecto EROSKI, contigo