Carta do Presidente 2020
Os 12 meses de 2020 foron excepcionais na vida de toda a sociedade. Como en tantos outros aspectos, a pandemia provocada pola COVID-19 tamén tivo os seus efectos nas empresas, tanto no día a día da súa xestión como na súa planificación a longo prazo. A día de hoxe, a situación obrigounos a vivir, se cabe, máis pegados á actualidade.
Vanme permitir comece esta mensaxe dando as grazas a todas as persoas fan posible EROSKI. As persoas, individual e colectivamente, estiveron á altura das demandas da sociedade e fixérono con determinación e eficacia, en todo momento deron o mellor de si mesmas en beneficio da comunidade. Para ninguén de nós esta resposta foi unha sorpresa. Pero é imprescindible recoñecelo, sobre todo cando acada este nivel de entrega.
O certo é que a clasificación da nosa actividade como ‘servizo esencial’ esixiunos axilidade e rapidez na resposta aos retos xurdidos.
Marcámonos como máxima prioridade a garantía da seguridade, tanto para os traballadores como para os clientes. Foi complicado nos primeiros momentos, pero rematamos certificando os nosos establecementos a través do selo de Tenda Máis Segura de Bureau Veritas.
E mentres tanto debiamos asegurar que, cada día, as tendas estiveran ben nutridas. Toda a cadea de valor funcionou de forma excepcional e conseguimos dar unha resposta óptima a unha demanda acumulada que aumentou de maneira significativa nos primeiros momentos da crise.
A pandemia afectou negativamente a diversos colectivos e, por fortuna, puidemos atender as necesidades imperantes de varios deles. Doamos 1.000.000 de máscaras a concellos e entidades sociais. Facilitamos o acceso a produtos de primeira necesidade a través de nosa Tarxeta Solidaria, posta a disposición das institucións públicas. Doamos aos Bancos de Alimentos o equivalente a máis de 6,5 millóns de comidas. Realizamos a compra e levámola á casa de miles de persoas maiores. O ano máis complicado tiña que ser o ano máis solidario.
O consumidor cambiou os seus hábitos de compra e nós quixemos acompañalo nese cambio. Buscou outras formas de relacionarse con nós e utilizou de forma intensa a canle online e Internet. Isto supón un reto de presente e futuro, porque o conxuntural converteuse en estrutural. A innovación e a transformación dixital da que tanto se fala en clave de negocio, non é outra cousa que facilitar a vida ao cliente, facer que encontre produtos innovadores, distintos, que teña unha experiencia de compra máis satisfactoria, áxil e eficiente.
De igual forma, ese consumidor máis omnicanle, está adquirindo uns hábitos de consumo máis saudables e sostibles. Para facilitar esta evolución, EROSKI ampliou a gama de produtos Eco/Bio de marca propia, tanto en frescos como en alimentación non perecedoira. Tamén estamos facilitando o acceso a produtos que teñen uns elevados estándares en aspectos como a pegada medioambiental ou o benestar animal e acercando a orixe dos produtos ao lugar onde se consumirán.
Sen solución de continuidade, o ano 2021 xa está en marcha e dende o ámbito corporativo e organizativo, EROSKI deu pasos para adecuar a súa estrutura á nova realidade. Rosa Carabel é a nova directora xeral do grupo. Quen temos a sorte de traballar con ela coñecemos o seu talento, tesón e habilidade para liderar equipos. Rosa estará á fronte dun Consello de Dirección que se amplía e incorpora áreas que resultarán fundamentais para o futuro próximo como as de innovación e desenvolvemento. Estes cambios son coherentes cos retos de EROSKI que queremos seguir construíndo, coa apertura e transformación de máis tendas; coa inversión nunha loxística máis eficiente e sostible ou cunha sostida aposta polo produto fresco e de proximidade. Non esquecemos tampouco a folla de ruta que nos marcan os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas aos que queremos contribuír de forma decidida en virtude da nosa adhesión ao Pacto Mundial no 2002 e que referendamos anualmente coa actualización dos nosos compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade definidos en 2018 gracias ás aportacións de 8.000 socios clientes.
Un dos últimos pasos que demos desde o ámbito corporativo é o da incorporación dun socio para compartir a xestión do noso negocio en Catalunya e nas Illas Baleares. Esta operación sitúanos nun escenario moi positivo para seguir afianzando os nosos negocios nos citados perímetros e é, sen dúbida, un paso definitivo no proceso de reestruturación da débeda comezado no ano 2009.
Este informe anual que ten entre as súas mans recolle interesantes datos e detalles que poderán referendar o que quixen trasladarlles nestas poucas liñas. Espero que lles resulte unha lectura inspiradora.
Agustín Markaide
Presidente Grupo EROSKI