BOTTLE4FLEX, novo modelo circular de rPET para envases

O proxecto Bottle4Flex ten como obxectivo o desenvolvemento de novos procesos de reciclaxe química de PET e rPET sostibles e eficientes e novos compostos de rPET flexible para aplicacións de envases de altas prestacións 100% reciclables, dando solución a problemática da reciclaxe dos envases flexibles de PET. O proxecto BOTTLE4FLEX, está liderado por COVINIL, empresa convertidora de envases, e conta coa participación de EROSKI e do centro tecnolóxico AIMPLAS.

O desenvolvemento do proxecto vai supor un avance tecnolóxico nos seguintes ámbitos:
1. Desenvolver novos procesos de reciclaxe de rPET que se presenten como alternativa para o sector, que contribúan a satisfacer a demanda de material reciclado de rPET
2. Mellorar as propiedades do rPET para que este poida ser utilizado en aplicacións de envase flexible monomaterial 100% reciclable de altas prestacións, mediante novos procesos de repolimericación e compounding.
BOTTLE4FLEX estrutúrase ao redor de 3 actividades que se van a desenvolver de maneira coordinado durante 3 anos, comprendidos entre o 1 de outubro de 2022 e o 31 de setembro de 2025.
O principal impacto é desenvolvemento dun novo proceso de reciclaxe de PET, que pode a curto prazo contribuír a solucionar o problema da capacidade insuficiente de produción de rPET, actualmente de 35kt, sendo a necesidade actual de 54kt1. Espérase impacto no sector do envase onde neste momento non se atopan solucións de filme monomaterial, como son os films de envases skinpack, e films de envases a baleiro e outros como os envases PetFood, tamén podería ter aplicación no sector cosmético. Europa investirá para o 2030, 7.200 millóns de Euros na reciclaxe química.