Proxectos de Innovación

Volver a todos os proxectos

BOLOVEGAN

O proxecto de innovación agroalimentaria europeo RIS Straight to Market (RIS S2M) ten como obxectivo de axudar as pequenas e medianas empresas locais, novas empresas e empresas en expansión a levar aos mercados principais produtos alimenticios novos ou altamente mellorados desde o punto de vista nutricional ou sostible. O proxecto ten un forte obxectivo orientado ao mercado combinado co compromiso cos consumidores.

Trátase dunha iniciativa cofinanciada por EIT Food, co apoio do Instituto Europeo de Innovacion e Tecnoloxía (European Institute of Innovation and Technology – EIT), un organismo da Unión Europea. EIT Food é a principal iniciativa de innovación alimentaria de Europa, que traballa para facer que o sistema alimentario sexa máis sostible, saudable e confiable.

O proxecto, cunha duración de 8 meses consiste no desenvolvemento por parte da empresa Jakion dunha nova salsa de tomate/boloñesa que contribuirá a un beneficio no estado nutricional e de saúde do consumidor mediante a non adición de azucres engadidos e o contido mínimo de sal, e así tentar reducir a presión no sistema sanitario español. Esta salsa terá un compoñente saudable e seguirá a tendencia dos alimentos de orixe vexetal e etiqueta limpa (sen aditivos, sen conservantes, sen colorantes). O resultado será unha nova salsa de tomate moito máis saudable para o consumidor en comparación coas dispoñibles no mercado.