Inicio
Compromisos EROSKI 2030
Unha empresa humana e comprometida coa transformación social
En EROSKI, fieis á nosa esencia de empresa de distribución de base cooperativa e á nosa misión, visión e valores, traballamos para acadar resultados empresariais e xerar un impacto social positivo, sobre todo na nosa contorna máis próxima, no marco dunha gobernanza sólida e do desempeño eficiente da nosa responsabilidade ambiental. Queremos declaralo a través de 5 Compromisos.
Comprometémonos a fomentar a alimentación saudable
«Porque somos unha agrupación de tendas que busca ofrecer produtos de calidade e contribuír á boa alimentación dos consumidores».
A través de:
- 01
Ofrecer unha ampla variedade de produtos saudables, centrándonos nos frescos, e con dinamismo no aforro.
- 02
Ofrecer produtos de marca propia con información avanzada e boa posición nutricional (coa etiquetaxe Nutri-Score).
- 03
Formar as nenas e nenos para previr a obesidade infantil.
- 04
Difundir información e consellos para alimentarse ben a través das nosas canles (canles do club, revistas, redes sociais…).
Comprometémonos a xerar riqueza local e solidariedade na contorna
«Porque nos importa a sociedade da que formamos parte, desde o pequeno produtor agroalimentario ata as persoas que necesitan axuda».
A través de:
- 01
Impulsar unha ampla variedade de produtos locais, sobre todo de pequenas e medianas empresas, con gran dinamismo nas tendas.
- 02
Acompañar ás familias produtoras para que os seus procesos sexan máis eficientes e sostibles.
- 03
Impulsar proxectos de acción social que promovan a solidariedade cos grupos vulnerables e a inclusión social.
- 04
Devolver á sociedade parte dos nosos resultados empresariais a través da Fundación Eroski.
Comprometémonos a promover a satisfacción e o desenvolvemento das persoas traballadoras.
«Porque nos importa o benestar das persoas traballadoras. A súa participación no negocio e a mellora das condicións guíanos e énchenos de orgullo.»
A través de:
- 01
Ofrecer programas para contribuír ao seu benestar, coidando da súa saúde tanto física como mental.
- 02
Crear espazos para a participación real das persoas traballadoras grazas a un liderado compartido para conseguir obxectivos comúns.
- 03
Ofrecer oportunidades de evolucionar e aprender.
- 04
Garantir a igualdade de oportunidades e a ausencia de discriminación, apoiando a inclusión no traballo.
Comprometémonos a escoitar e informar ás persoas consumidoras.
«Porque tamén facemos empresa coas persoas consumidoras. Informalas axúdalles a tomar mellores decisións e escoitalas axúdanos a mellorar».
A través de:
- 01
Informar ás persoas consumidoras para facilitarlles unha boa alimentación e un consumo responsable, axudándolles a superar as barreiras tecnolóxicas.
- 02
Manter un diálogo continuo para coñecer as súas necesidades.
- 03
Actuar de forma transparente e ética, impulsada por un goberno paritario na base do grupo, formada por traballadores e persoas consumidoras.
- 04
Ofrecer o mellor servizo á clientela, na tenda e noutras canles de contacto.
Comprometémonos a mellorar a sustentabilidade ambiental
«Porque nos importa o futuro do planeta, traballamos para mellorar a sustentabilidade da cadea de valor».
A través de:
- 01
Deseñar de forma ecolóxica os nosos envases para mellorar a súa circularidade.
- 02
Reducir as emisións de CO2 e doutros gases de efecto invernadoiro.
- 03
Reducir o desperdicio alimentario mediante a prevención, as doazóns ou a transformación de excedentes.
- 04
Avanzar en certificar o benestar animal, centrándonos nas nosas marcas propias.