O Consello Reitor de EROSKI solicitaralle aprobación á Asemblea Xeral para unha emisión de bonos
Convocouse unha Asemblea Xeral Extraordinaria para o 10 de outubro

O máximo órgano de goberno da cooperativa someterá á aprobación da Asemblea Xeral a proposta de emisión de financiamento por un importe límite de 600 M€
O Consello Reitor proporá emitir un bono como vía de financiamento para lles dar cumprimento ás obrigas adquiridas no marco do actual acordo de refinanciamento
O Consello Reitor de EROSKI S. Coop solicitaralle á Asemblea Xeral da cooperativa a aprobación dunha emisión de bonos como instrumento de financiamento que contribúa a darlles cumprimento ás obrigas adquiridas no marco financeiro actual. Para iso, hoxe convocou unha Asemblea Xeral Extraordinaria, para o vindeiro 10 de outubro en Elorrio, na que someterá á autorización do máximo órgano de decisión da cooperativa a proposta de emisión dun instrumento con tedores institucionais como destino exclusivo, por un importe límite de 600 millóns de euros.
Cumprimento dos compromisos de amortización de débeda
En caso de que a Asemblea Xeral aprobe a subscrición dos instrumentos de financiamento propostos, na combinación que finalmente se leve a cabo, EROSKI prevé destinar os recursos obtidos ao cumprimento dos vindeiros compromisos de amortización de débeda. Estes compromisos prevén un calendario con dous prazos de vencemento da débeda para EROSKI, o 31 de xullo do 2024 por un importe de 503 millóns de euros e mais o 31 de xullo do 2027 por un importe de 200 millóns de euros.
A redución de débeda nos pasados anos foi salientable, o que lle permitiu a EROSKI diminuír os seus niveis de apancamento financeiro. Concretamente, durante o pasado exercicio 2022, EROSKI reduciu a súa débeda financeira en 44 millóns de euros, co que se situou en 858 millóns de euros a peche do primeiro semestre do 2023, sumando unha redución total de débeda de 2.514 millóns de euros dende o 2009.Isto representa unha redución do 75% do total da débeda.
Compartir en: