Os produtos das categorías de Nadal representan o 43 % do gasto total en decembro, no que destacan como produtos estrela os doces, carnes selectas e bebidas
O desembolso mensual medio adicional será de 120 € por fogar durante o mes de decembro
As familias con fillos maiores e as persoas maiores son as que máis incrementan o seu gasto, cun 31 % e un 38 % máis, respectivamente
Estremadura lidera o incremento do gasto cun crecemento do 43 %. Séguena comunidades como Castela-A Mancha (+42 %) e Castela e León (+39 %)
EROSKI reforza a súa proposta comercial con 22 millóns de euros en ofertas para axudar ás familias a aforrar neste período do ano
EROSKI publica os resultados do seu Estudo de hábitos de consumo no Nadal, que reflicten un notable incremento no gasto dos fogares españois durante o mes de decembro. Segundo este estudo, as familias gastarán entre un 25 % e un 30 % máis en alimentación que o resto do ano, o que supón un desembolso adicional de 120 euros de media por fogar. Este aumento explícase por unha maior frecuencia de visitas ás tendas (11 visitas fronte ás 10 de media mensual) e o incremento do gasto en produtos propios destas datas, sobre todo as categorías de Nadal.
Comparación por comunidades autónomas e tipoloxía de familia
O estudo tamén salienta as diferenzas no gasto adicional entre comunidades autónomas. Estremadura lidera o crecemento cun aumento do 43 %. Séguena comunidades como Castela-A Mancha (+42 %) y Castela e León (+39 %).
En canto á tipoloxía de familia, as persoas maiores ou retiradas representan a tipoloxía de fogar que máis gasta no Nadal, cun incremento do 38 % nos seus gastos, xa que adoitan ser os principais anfitrións durante as festas.
As familias maduras con fillos maiores tamén rexistran un aumento importante, do 31 %, nas súas compras de Nadal.
En xeral, todas as tipoloxías de fogares aumentan o seu gasto en decembro, pero estas dúas categorías destacan polo maior impacto no seu presuposto.
Categorías de Nadal: os protagonistas do carro
As categorías de Nadal representan o 43 % do total das compras de decembro, nas que destacan como protagonistas do carro da compra. Entre os produtos con máis demanda e incremento de actos de compra por tenda e día en decembro están: turróns, bombóns e doces típicos, (x10); chacinaría, como ibéricos (x3); cavas, viños e outras bebidas (x3); peixe e marisco fresco ou conxelado (x2) e carnes selectas, como cordeiro e vacún (x2).
“Estas categorías non só son esenciais para as celebracións, senón que tamén impulsan o dinamismo de sectores clave, como a alimentación, a chacinaría ou as bebidas”, comenta Beatriz Santos, directora comercial do Grupo EROSKI.
Ademais, os hipermercados séguense a consolidar como a canle preferente para as compras de Nadal, cun crecemento do 4 % nas vendas e un ticket medio un 20 % superior ao do resto do ano. “Os hipermercados combinan conveniencia, variedade e promocións atractivas que responden ás necesidades da nosa clientela, sobre todo nesta época do ano”, continúa Santos.
Investimentos e promocións para o aforro familiar
En resposta ás necesidades dos seus clientes, EROSKI investirá 22 millóns de euros en promocións especiais este Nadal. A campaña “Los Ofertones de la Navidad” incluirá descontos notables en máis de 100 produtos estrela, como peixes, carnes, conservas, froitos secos, cavas, viños e doces. Ademais, lanzaranse ofertas como a segunda unidade ao 70 % en 2000 produtos, cupóns personalizados e promocións sorpresa.
Tendencias e perspectivas para o Nadal de 2024
O Banco de España destaca que a confianza dos consumidores segue a aumentar, o que augura un período de Nadal de maior dinamismo no consumo. Ademais, obsérvase unha tendencia recente ao atraso nas compras de Nadal, xa que o 57 % destas se concentra en decembro, fronte ao 14 % en outubro e o 29 % en novembro. Este comportamento afecta especialmente a categorías como turróns, bombóns e doces típicos (máis do 50 % do gasto anual en decembro), espumosos (28 %) e xoguetes (31 %).
“Queremos acompañar á nosa clientela nestes momentos tan especiais, non só ofrecendo unha ampla variedade de produtos de calidade, senón tamén garantindo que poidan planificar e optimizar os seus gastos e aforros sen renunciar á maxia do Nadal”, conclúe Beatriz Santos.
Con esta estratexia, EROSKI reforza o seu papel como aliado clave para os fogares españois, ofrecendo unha experiencia de compra completa que combina calidade, aforro e proximidade.
Sobre o grupo EROSKI
EROSKI é o primeiro grupo de distribución de carácter cooperativo de España e un dos líderes no norte do mercado español (desde Galicia ata Baleares) cunha cota de mercado do 12,8 % nesa zona. É líder no País Vasco, Navarra e Galicia, e colíder nas Illas Baleares. A súa rede comercial, a finais do 2023, suma 1533 establecementos, entre supermercados, hipermercados, cash & carry e supermercados en liña, ademais de gasolineiras, tendas de deportes e outros negocios non alimentarios. Tamén posúe máis de 6,4 millóns de socios clientes e máis de 27 400 persoas socias cooperativistas e traballadores, das que preto de 9000 son socios propietarios, aos que se debe sumar o colectivo de persoas traballadoras das máis de 620 tendas franquiadas.
Compartir en: