• O pagamento aos titulares de Achegas Financeiras Subordinadas (AFS) farase, hoxe, 31 de xaneiro e aos titulares de Obrigas Subordinadas o 1 de febreiro

  • Un investidor que adquirira AFS no 2002 percibiu, en concepto de xuros, un 102,6% sobre o importe do seu investimento e un 111,7% se acudiu ao troco por Obrigas Subordinadas

  • Os xuros para o presente exercicio quedan fixados no 5,535% para as emisións de AFS entre o 2002 e o 2004 e para as Obrigas Subordinadas, e no 5,035% para a emisión de AFS do 2007

EROSKI procederá a abonar, hoxe, 31 de xaneiro os xuros anuais correspondentes ás Achegas Financeiras Subordinadas (AFS) cunha retribución a un tipo do 6,553% para as emisións do 2002 e do 2004, e do 6,053% para a emisión do 2007. O 1 de febreiro, EROSKI aboará tamén os xuros anuais correspondentes ás Obrigas Subordinadas, retribuídas a un tipo do 6,553%. En total, serán 31 millóns de euros os que EROSKI vai abonar en concepto de xuros aos posuidores dos seus títulos de investimento.

Dende que EROSKI lanzou a súa primeira emisión de AFS no 2002, a cooperativa cumpriu puntualmente co seu compromiso de retribución anual de xuros, abonándolles xa un total de 485 millóns de euros aos seus investidores. A retribución de AFS e de Obrigas Subordinadas, que non está condicionada aos resultados económicos da cooperativa, está referenciada ao Euríbor máis un diferencial de 3 puntos para as emisións de AFS entre o 2002 e o 2004 e para as Obrigas Subordinadas, e un diferencial de 2,5% para a emisión de AFS do 2007.

Contando con este abono, un investidor que adquirira AFS no 2002 percibiu xa un 102,6% sobre o importe do seu investimento inicial en concepto de xuros e un 111,7% se acudiu ao troco por Obrigas Subordinadas con vencemento realizado no 2016. Un investidor con AFS dende o 2004 cobrou xa o 90,2% en xuros ou o 99,2% se acudiu ao troco, mentres que o do 2007 ingresou o 64,4% do valor do seu investimento ou o 72,5% se acudiu ao troco.

Para o ano 2025, o xuro queda fixado nun tipo do 5,535% (2,535% + 3% de diferencial) para as emisións de AFS entre o 2002 e o 2004 e para as Obrigas Subordinadas, e do 5,035% (2,535% + 2,5% de diferencial) para as emisións de AFS do 2007, que se abonarán o vindeiro ano.

Compartir en: