EROSKI obtén cinco galardóns nos premios comercio do ano
Trátase dun dos maiores estudos de mercado do sector do retail
Por oitavo ano consecutivo, os consumidores elixen EROSKI como o mellor Supermercado Online
Por segunda vez nesta edición, EROSKI recibe o premio na categoría ‘Mellor Comercio do Ano’ en ‘Produtos Frescos’ e ‘Hipermercados’
Tamén recibiu o “Premio Mellor Comercio do Ano” nas categorías de Supermercados de Proximidade e de Franquías
EROSKI recibiu cinco galardóns na décima edición dos Premios Comercio do Ano 2024-2025. Concretamente foi premiada nas categorías de comercio online, produtos frescos, hipermercados, supermercados de proximidade e franquías. Estes recoñecementos foron concedidos polas persoas consumidoras no maior certame de consumidores de España e un dos maiores estudos de mercado do sector do retail. Representantes de EROSKI das diferentes categorías recolleron os premios na gala celebrada esta mañá no Hotel Alexandre Fira Congress de Barcelona.
WebShop do ano
Por oitavo ano consecutivo, EROSKI recibiu o galardón ‘WebShop do ano’ na categoría de supermercados online. Na votación, as persoas consumidoras valoraron variables como a relación calidade-prezo, a amplitude da oferta, o servizo ao cliente, a entrega de pedidos, as promocións e ofertas, as modalidades de pagamento ou a experiencia do usuario, entre outras.
O supermercado EROSKI online conta con máis de 14.000 referencias de alimentación e frescos e mais con produtos de non alimentación que inclúen bazar, electrodomésticos e téxtil, para asegurar a máxima cobertura de necesidades do cliente na súa cesta da compra. Trátase dun servizo que presenta as vantaxes comerciais do mundo físico no supermercado online, que garante unha experiencia de compra uniforme entre canles e que ofrece a posibilidade de recollida de compras online de maneira gratuíta e inmediata.
“Conseguir durante 8 anos consecutivos este premio non foi unha casualidade, é o resultado dun traballo ben feito que ten os consumidores no centro de todas as nosas decisións. Este premio recoñece a nosa traxectoria ao longo dos anos e móstranos ante a sociedade como unha marca de confianza e calidade“, detallou a directora de negocio online de EROSKI, Mari Mar Escrig.
Mellor Comercio en Supermercados de Proximidade e Franquía
EROSKI tamén foi premiada na categoría ”Mellor Comercio do Ano en Produtos Frescos’ e ‘Hipermercados’. “Estes galardóns supoñen un recoñecemento aos eixes principais do modelo comercial “contigo” de EROSKI, que se caracteriza por unha forte aposta polos produtos locais e frescos de tempada, pola promoción da alimentación saudable e sostible, a atención personalizada, novas formas de aforro na cesta da compra diaria e innovacións tecnolóxicas para reducir o impacto ambiental da súa actividade“, subliñou Andoni Martinez Melgosa, director comercial da Área de Frescos de EROSKI.
EROSKI repetiu galardóns tamén nas categorías de ‘Supermercados de Proximidade’ e de ‘Franquías de supermercados’. “Este premio confirma que a nosa proposta omnicanal é apreciada en toda a súa dimensión polos consumidores, que atopan en todos os nosos formatos e canles resposta ás súas necesidades. E é que en EROSKI innovamos cada día para mellorarmos a nosa relación co cliente e ofrecerlle unha proposta atractiva e personalizada“, afirmou a directora de márketing, Eva Ugarte.
Na franquía EROSKI impleméntase tamén este modelo comercial, que integra todas as características, avances e vantaxes da rede de tendas propias EROSKI. Conta con diferentes formatos comerciais, entre os que destacan EROSKI City, para supermercados de proximidade de 250 a 400 metros cadrados, con ampla variedade de alimentación, frescos en libre servizo e atención personalizada, e un formato de ultra proximidade e conveniencia de aproximadamente 150 metros cadrados, que fai posible unha compra cómoda, rápida e completa con capacidade de adaptación a case calquera situación -cidades, gasolineiras, universidades, zonas turísticas e praias.
Compartir en: