• Porá en marcha novas modalidades de colaboración co tecido emprendedor

  • O programa ofrece a posibilidade de realizar a validación das solucións xunto co equipo de EROSKI

  • Inclúe un Demo Day no que as startups poderán recibir feedback de investidores, institucións e empresas do sector

EROSKI aposta pola innovación aberta como motor para ofrecer as mellores solucións aos retos do negocio. Para iso bota a andar EROSKI Venture Program co fin de poñer en marcha a emprendizaxe corporativa mediante a conceptualización e a validación de solucións innovadoras a través da aplicación de metodoloxías disruptivas para a xeración de novos modelos de negocio.

Trátase dun programa dirixido a startups, emprendedores e proxectos que estean traballando no desenvolvemento de solucións que lles dean resposta aos retos actuais e futuros do sector e que se sustenten en novas tecnoloxías rapidamente escalables que se poidan complementar coas capacidades, procesos e outros activos físicos ou dixitais de EROSKI.

EROSKI Venture Program representa un punto de entrada e de crecemento para que os emprendedores lancen, aceleren e escalen as súas solucións xunto a un dos grupos de distribución polo miúdo de bens e servizos de gran consumo de carácter cooperativo máis grande de Europa e referente do sector”, explicou o director de Innovación e Desenvolvemento Dixital de EROSKI, David Sánchez.

Pola súa metodoloxía e enfoque a resultados, o programa ofrece a oportunidade de traballar a creación de novos modelos de negocio. Igualmente, axudará ao emprendedor a aumentar a súa rede de contactos a través da rede e mapa de relacións de EROSKI e acompañarao no proceso mediante unha monitorización continua e un roadmap personalizado aos seus obxectivos. Ademais, o programa ofrece un Demo Day durante o que o tecido emprendedor poderá presentar as súas solucións e recibir a opinión, suxestións e impresións de investidores, institucións e empresas referentes do sector.

Convocatoria aberta ata mediados de xullo

Os emprendedores e startups interesados en participaren no programa teñen de prazo ata o 17 de xullo para presentaren as súas propostas a través da web. Previamente, o programa presentarase o 4 de xullo na Torre BAT. O 26 de xullo daranse a coñecer os proxectos seleccionados.

“Este programa permitiralle a EROSKI posicionarse como referente no mundo do emprendemento. Aínda que esta primeira edición terá un enfoque estatal, a intención é que posteriormente, co desenvolvemento de proxectos e iniciativas, o seu alcance sexa internacional. Deste xeito chegará a contornos máis dinámicos e avanzados no tocante á emprendizaxe para atraer as mellores solucións”, afirmou David Sánchez.

Compartir en: