• Os fondos canalizáronse á poboación afectada polos devastadores efectos da DINA a través de Cruz Vermella

  • Amais do recadado nas súas tendas grazas ás doazóns dos clientes, EROSKI realizou unha achega adicional

A campaña organizada por EROSKI para recadar fondos en favor da poboación damnificada polos devastadores efectos da DINA logrou reunir máis de medio millón de euros, grazas ás doazóns dos clientes e á achega adicional de EROSKI.

O pasado outubro, as chuvias torrenciais provocadas pola DINA deixaron máis de 200 falecidos en diferentes comunidades autónomas e causaron incalculables danos materiais na peor gota fría do século. EROSKI activou daquela unha campaña de emerxencia para que os seus clientes puidesen realizar donativos ao pasaren pola liña de caixas, polo importe desexado, en calquera das tendas da súa rede comercial. Os fondos recadados canalizáronse á poboación afectada a través da Cruz Vermella.

“A solidariedade dos nosos clientes énchenos de satisfacción polo resultado desta campaña, que unha vez máis demostra o seu forte compromiso. Por iso, dende EROSKI queremos agradecer, ante todo, a implicación e a resposta dos nosos clientes á nosa chamada á solidariedade e mais a súa colaboración en todas as iniciativas solidarias que sempre apoian”, sinalou o director de Saúde e Sustentabilidade de EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa.

“Querémoslle agradecer a EROSKI o seu apoio e solidariedade cara ás persoas afectadas por esta tremenda desgracia que sufriu o noso país. Grazas a doazóns como a de EROSKI, poderemos axudar a todos aqueles que sufriron as terribles consecuencias”, relatou Jaime Gregori, director nacional de Alianzas con Empresas de Cruz Vermella.

Dende os seus inicios, EROSKI leva a cabo múltiples iniciativas de acción social, principalmente relacionadas coa promoción dos hábitos de vida saudables, a formación ao consumidor, a defensa do medio natural e a solidariedade.

Compartir en: