A baixada de prezos de EROSKI xéralles un aforro de máis de 33 m€ aos seus clientes no primeiro semestre do exercicio 2024
Investimento destinado a manter prezos competitivos e accesibles

Reduciu o prezo de máis de 5.700 produtos de alimentación, limpeza e aseo persoal
A súa marca propia concentra máis da metade do aforro xerado
O aforro máis significativo concéntrase nos produtos frescos, con 1.183 referencias rebaixadas e un aforro de case 22 M€
EROSKI bota a andar setembro con máis de 2.000 produtos na actual cesta de “Sempre bos prezos”, con máis da metade por menos de 2 €
EROSKI, que mantén firme o seu compromiso co traslado de aforro ás persoas consumidoras como unha das súas principais liñas de política comercial no seu novo plan estratéxico, logrou xerar un aforro acumulado de máis de 33 millóns de euros a través da redución de prezos en máis de 5.700 produtos nos primeiros seis meses do exercicio 2024. Este esforzo é consecuencia da súa decisión de aumentar o investimento destinado a mitigar o traslado das maiores custas aos prezos e así poder manter prezos competitivos e accesibles, especialmente en produtos esenciais para a alimentación e o fogar.
Máis do 50% do devandito aforro, concretamente 17 millóns de euros, corresponde á baixada de prezo de máis de 1.100 produtos da súa marca propia. Ademais, un dos programas máis salientables é a súa cesta “Sempre Bos Prezos”, co que se reduciron os importes de venda de 576 produtos, o que representa un aforro adicional de 13 millóns de euros. Trátase dunha cesta variada, completa, saudable e barata con máis de 300 produtos frescos como froita e hortalizas, peixería, carnicería, pan, ovos, e outros esenciais de alimentación como leite, iogures, pasta ou arroz, entre outros. Ademais, inclúe produtos de limpeza do fogar e coidado persoal.
Produtos frescos, clave no aforro
EROSKI reforzou o seu esforzo investidor en aforro vinculándoo especialmente co seu compromiso coa alimentación saudable, logrando que o aforro máis significativo se concentre nos produtos frescos, con 1.183 referencias e un aforro de 21,9 millóns de euros.
Todo iso fixo que a cesta da compra de EROSKI tivese unha variación do 1,14% no que levamos do exercicio 2024, igualando a suba do IPC durante o devandito período.
Nova baixada de prezos a 2.000 produtos en setembro
Tras os meses do verán, EROSKI activa novas baixadas de prezos en 2.000 produtos de alimentación -incluíndo frescos- e de coidado persoal e do fogar na súa cesta “Sempre bos prezos”, para encher de novo a despensa; máis da metade deles teñen un prezo inferior a 2 euros. A iso súmase o carro de produtos básicos en calquera despensa por menos de 70 euros e a campaña de “Volta ao cole” con descontos e financiamento sen xuros.
Consellos para aforrar na operación despensa á volta do verán
“En EROSKI somos plenamente conscientes de que a cesta da compra é un dos principais gastos do fogar. Por iso, amais da nosa estratexia de seguirmos investindo en baixadas para manter sempre bos prezos, ofrecemos novas iniciativas que se traducen en aforro para a nosa clientela, e que, cunha boa planificación lle permite axustar este gasto sen renunciar a alimentos saudables e sabedores para toda a familia”, lembrou a directora Comercial de EROSKI, Beatriz Santos.
Para manter unha despensa ben completa, é importante incluír alimentos básicos e bos de conservar. Elaborar unha listaxe que conteña produtos como conservas de peixe, legumes, vexetais en conserva, froitos secos, lácteos… pode axudar a planificar mellor as compras. A isto súmanse os produtos que se poden conxelar, como verduras, hortalizas, e diferentes tipos de peixe, o que permite aproveitar promocións e ofertas típicas da volta do verán.
Ademais, evitar as compras impulsivas e o desperdicio alimentario é fundamental para a economía do fogar. Planificar o menú semanal e apostar pola cociña de aproveitamento son estratexias efectivas para reducir o desperdicio e gozar de receitas apetecibles.
Outro consello útil é optar por produtos de tempada. Consultar o calendario de froitas, verduras e peixes permite elaborar menús máis económicos, aproveitando produtos frescos que, amais de ofreceren calidade e sabor, adoitan presentar prezos máis competitivos.
Compartir en: