JakiZU!: aprendendo a comprar de maneira sostible, fácil… e xogando!

JakiZU! é o novo proxecto de innovación aberta que EROSKI impulsa xunto con CodeSyntax e ACEDE – H-Enea Living Lab para pór a sustentabilidade alimentaria ao alcance de toda a cidadanía. Financiado polo programa Etorkizuna Eraikiz - Misioak 2024 da Deputación Foral de Gipuzkoa, JakiZU! nace cun obxectivo claro: axudar ás persoas consumidoras a tomar decisións de compra máis responsables a través dunha plataforma dixital gamificada.
En que consiste?
Consiste nunha plataforma interactiva que simula a experiencia de encher a cesta da compra. Cada vez que a usuaria ou o usuario elixe un produto, a ferramenta mostra de forma inmediata o impacto ambiental e social desa elección, e propón alternativas para melloralo. Retos, insignias e recompensas transforman a aprendizaxe nun xogo que motiva a seguir avanzando cara a hábitos máis sostibles. Deseñouse coa colaboración de consumidores, expertos e axentes locais para asegurar que as solucións respondan as necesidades reais de Gipuzkoa e poidan replicarse noutras zonas.
En EROSKI traballamos desde hai anos cos nosos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade, e moi especialmente co de “Favorecer un consumo responsable”, que nos impulsa a reducir o noso impacto ambiental, apoiar o produto local e facilitar ao cliente información clara para decisións conscientes. JakiZU! é un paso máis nesta traxectoria.
Beneficios para os nosos clientes e a sociedade
| Beneficio | Como o achega JakiZU!? |
|---|---|
| Conciencia medioambiental | Visualización inmediata da pegada de cada compra. |
| Aprendizaxe práctica | Contidos pedagóxicos e recomendacións personalizadas. |
| Participación e comunidade | Retos colectivos que convidan a compartir logros e consellos. |
| Impulso ao produto local | Destaca opcións de proximidade e tempada, fomentando a economía local. |
Úneche ao reto
En EROSKI cremos que cada xesto conta. Con JakiZU! convidámosche a aprender, xogar e transformar a túa forma de comprar para coidar da túa saúde, da túa contorna e do futuro de todas e todos.

