PROTEFUNGI

Desenvolvemento dunha gama de pratos preparados proteicos de orixe fúngico.
Nos países desenvolvidos o consumo de proteína de orixe animal per cápita é superior ás cantidades que necesitamos desde o punto de vista nutricional, o que carrexa importantes consecuencias a nivel de impacto medioambiental.
Faise necesario conseguir substituír a proteína animal por vexetal ao obxecto de rebalancear as fontes de orixe de proteína na dieta para reducir estes impactos negativos.
O proxecto PROTEFUNGI ten como obxectivo investigar e desenvolver novos produtos de orixe vexetal con alto contido proteico obtidos a partir da produción fúngica. O obxectivo do proxecto é desenvolver novos produtos máis saudables e sostibles social e medioambientalmente, en comparación coa carne de orixe animal.
Por iso, PROTEFUNGI é considerado como un proxecto que engloba a todos os elos da cadea alimentaria, desde a produción das materias primas a nivel de investigación fundamental (INNOMY) até a comercialización (EROSKI), pasando pola produción industrial (AUZOLAN). Destacar igualmente que no proxecto participarán tamén Leartiker, axente da Rede Vasca de Ciencia e Tecnoloxía e Innovación (RVCTI).