EROSKI súmase un ano máis á campaña “A Hora do Planeta” promovida POR WWF
A cooperativa e WWF colaboran desde o 2004

O vindeiro sábado EROSKI sumarase ao apagamento simbólico da maior iniciativa global en defensa do medio natural, que este ano ten por lema “Apaga a luz. Defende o Planeta”
EROSKI e WWF colaboran desde hai dúas décadas para promover un consumo máis responsable
EROSKI súmase por décimo cuarto ano consecutivo á campaña “A Hora do Planeta” promovida por WWF co respaldo de Nacións Unidas, realizando un apagamento simbólico nos rótulos dalgunhas das súas tendas e plataformas loxísticas, e na páxina web www.consumer.es da Fundación EROSKI, que seguirá activa cunha luz atenuada de menor intensidade. Ademais, espallará a iniciativa na súa páxina web e redes sociais, e entre as súas persoas traballadoras. Millóns de persoas de todo o mundo apagarán a luz durante unha hora (entre as 20:30 e as 21:30 hora local) mañá, sábado, 22 de marzo, para concienciar o mundo sobre a importancia do medio natural e a loita contra o cambio climático.
A Hora do Planeta é o maior movemento global a prol da natureza e ten como lema este ano “Apaga a luz. Defende o Planeta”. Durante esta iniciativa, nacida en Sidney (Australia) no 2007 e na que participan millóns de persoas de máis de 190 países e territorios, apáganse as luces dos monumentos e edificios máis emblemáticos do mundo, amais de nos fogares e empresas, como símbolo da loita contra o cambio climático e a perda de biodiversidade.
“Un ano máis, EROSKI únese a esta iniciativa de WWF, que se converteu na maior acción global de sensibilización en defensa do medio natural coñecida ata o momento e nun símbolo para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Os consumidores son cada vez máis esixentes cos criterios de sustentabilidade e en EROSKI traballamos para lles facilitar un consumo máis responsable”, sinalou o director de Saúde e Sustentabilidade de EROSKI, Alejandro Martínez Berriochoa.
O gran reto para o Planeta: camiño ao 2030
2024 foi o ano máis cálido desde a revolución industrial, superando en máis de 1,5 °C a temperatura media do Planeta, límite que non debemos superar se queremos evitar impactos irreversibles que se convertan en emerxencias sociais, como a tráxica Dana que sufrimos no Levante español con consecuencias catastróficas. E a resposta é insuficiente: os cumios climáticos non logran avances significativos, seguimos a depender dos combustibles fósiles e o negacionismo climático aumenta.
Por iso, EROSKI redobrou os seus esforzos en materia de sustentabilidade e un dos fitos máis importantes é o seu ambicioso compromiso de alcanzar as cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro no 2050. Este reto atópase enmarcado na súa adhesión ao Código de Conduta sobre negocio responsable de alimentos e prácticas de márketing da Unión Europea.
Para acadar este obxectivo, EROSKI estableceu unha folla de ruta apancada na mellora da eficiencia enerxética dos seus procesos e instalacións, na adquisición de enerxía de fontes renovables, na incorporación de opcións de mobilidade sostible e na colaboración coa súa cadea de valor para minimizar o impacto dos seus produtos e servizos, entre outras accións.
EROSKI logrou dúas estrelas Lean & Green por reducir un 30% as súas emisións de gases de efecto invernadoiro nas súas actividades loxísticas. O pasado ano incorporou o seu segundo camión eléctrico na distribución de última milla, que axudará a alcanzar o novo obxectivo que se fixou de redución do 35% de emisións con respecto ao 2015 para alcanzar a terceira estrela Lean & Green.
Ademais, EROSKI implementa progresivamente na súa rede as medidas do seu novo modelo enerxético de tenda, que inclúe accións como iluminación LED, mobiliario de frío cos últimos avances en I+D, climatización máis eficiente e refrixerantes con menor potencial de quecemento global, entre outras accións de mellora ambiental. Exemplo diso son a súa tenda de Lakua-Arriaga, a súa plataforma de Júndiz de Vitoria-Gasteiz ou a plataforma de Zal en Barcelona, que contan coa certificación Leed Gold, un selo que acredita que o edificio é máis sostible e que se construíu baixo uns esixentes estándares de ecoeficiencia.
Adicionalmente, EROSKI deu un paso máis no seu acordo de colaboración con Iberdrola e ambas traballan xuntas para reducir a pegada de carbono de todos os centros da cadea de supermercados a través de diferentes solucións de electrificación. Deste xeito, os establecementos e sedes de EROSKI reducirán as súas emisións xeradas e poderán aforrar na súa factura enerxética a través de diferentes actuacións. A electricidade procedente de fontes renovables é a solución enerxética máis eficiente, que permite á súa vez a independencia dos combustibles fósiles.
EROSKI reduciu a súa pegada de carbono de alcance 1 e 2 máis dun 50% desde o 2017, o que supuxo evitar ao ano a emisión de 172.064 toneladas de CO2 eq., é dicir, aproximadamente as emisións de máis de 95.000 coches en España circulando 10.000 km.
Doutra banda, EROSKI traballa para minimizar o impacto dos produtos que comercializa, cunha gama de máis de 2.100 referencias con certificacións de sustentabilidade, como o selo ecolóxico MSC, GlobalG.A.P. ou FSC®, entre outros. Ademais, pon en marcha accións de colaboración coa súa cadea de valor como o seu Programa de Acompañamento a Produtores Locais, co que axuda a mellorar a sustentabilidade do sector agroalimentario, cun apoio especial ás empresas máis pequenas. Ademais, continúa coa mellora dos seus envases para reducir a súa pegada plástica e incrementar a súa reciclabilidade, con máis de reducindo o plástico e mellorando a reciclabilidade dos seus envases, con máis de 400 referencias ecodeseñadas.
Máis de 20 anos de colaboración
EROSKI e WWF colaboran en distintas iniciativas desde hai máis de 20 anos para o desenvolvemento de distintas políticas ambientais no tocante á mellora na eficiencia enerxética, á promoción dun consumo máis responsable, á promoción da pesca sostible e ao lanzamento de produtos de marca propia EROSKI con boas prácticas sostibles.
Doutra banda, WWF segue a desenvolver contidos pedagóxicos para un módulo específico sobre sustentabilidade dentro do Programa Educativo sobre Alimentación e Hábitos Saudables que desenvolve a Escola de Alimentación da Fundación EROSKI en colaboración con centros escolares de toda España.
Compartir en: