• Apela á solidariedade das persoas consumidoras, a través dunha doazón voluntaria ao pasaren pola liña de caixas para axudar a cubrir as necesidades básicas da poboación afectada

  • EROSKI complementará a recadación cunha achega adicional

  • O total do doado por EROSKI e a súa clientela canalizarase ata a poboación afectada a través da Cruz Vermella

EROSKI activou unha campaña solidaria de emerxencia para lles prestar axuda ás persoas damnificadas polos devastadores efectos da DANA en varias comunidades autónomas. Quen o desexe pode realizar un donativo voluntario ao pasar pola liña de caixas de calquera establecemento EROSKI, polo importe desexado.

As chuvias torrenciais deixaron ata o de agora ducias de persoas falecidas e desaparecidas e incalculables danos materiais na peor gota fría do século. Moitas familias e persoas precisan axuda.

Coma en anteriores campañas solidarias, ao recadado nas súas tendas grazas ás doazóns das persoas consumidoras, EROSKI sumará unha achega adicional. O total das doazóns canalizarase ata a poboación afectada a través da Cruz Vermella.

EROSKI e súa clientela e mais a Fundación EROSKI realizaron doazóns superiores ao medio millón de euros durante as últimas campañas solidarias activadas para axuda a damnificados por desastres naturais e outras causas humanitarias en destinos como Haití (2010 e 2016), Lorca-Murcia (2011), Filipinas (2013), Nepal (2015), Siria (2015), Mallorca (2018), La Palma (2020) ou a crise en Ucraína (2022), os afectados polos terremotos de Turquía e Siria (2023) ou as campañas de axuda aos afectados polas inundacións de Marrocos e Libia (2023).

Compartir en: