• A emisión terá un importe límite de 600 M€ e os recursos que se obteñan destinaranse a lles dar cumprimento ás obrigas adquiridas no marco do actual acordo de refinanciamento

  • A asemblea celebrada esta tarde culmina un amplo proceso de participación previo dos Socios Traballadores e dos Socios Consumidores de EROSKI que suma máis de 15 sesións informativas

EROSKI celebrou esta tarde en Elorrio unha Asemblea Xeral Extraordinaria, á que estaban convocadas 500 persoas socias representantes dos seus colectivos de Socios Traballadores e Socios Consumidores, destinada a someter a aprobación a proposta do Consello Reitor dunha emisión de bonos como instrumento de financiamento que contribúa a lles dar cumprimento ás obrigas adquiridas no marco financeiro actual.

O máximo órgano de decisión da cooperativa autorizou a proposta de emisión dun instrumento con tedores institucionais como destino exclusivo, por un importe límite de 600 millóns de euros.

Amplo proceso de participación previo

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada esta tarde estivo precedida por un amplo proceso de participación dos Socios Traballadores e Socios Consumidores de EROSKI. Este proceso suma 15 sesións informativas, denominadas xuntas preparatorias, presenciais e con conexións dixitais, que culminaron hoxe coa consulta á asemblea de delegados sobre a proposta de emisión de bonos como instrumento de financiamento.

Compartir en: