EROSKI aumentou a súa facturación un 3,4% durante o primeiro trimestre do exercicio 2024
Mantén o pulo comercial
As vendas brutas no eido alimentario medraron un 4,4% ata os 1.297 M€
Pechou os tres primeiros meses do exercicio cun resultado positivo de 9,5 M€
Continuou a redución da marxe bruta sobre vendas, polo aumento do investimento destinado a mitigar o traslado das maiores custas aos prezos
O grupo EROSKI pechou as contas do primeiro trimestre do presente exercicio, do 1 de febreiro ao 30 de abril do 2024, cunha facturación que continuou coa senda de crecemento dos últimos exercicios. O volume de actividade alcanzou unhas vendas brutas de 1.364 millóns de euros, o que representa un incremento do 3,1% con respecto ao mesmo período do exercicio previo, e do 3,4% a superficie constante.
Destaca a cifra de vendas brutas no eido alimentario, que ascendeu a 1.297 M€, un 4,4% superior á do mesmo período do 2023. O resultado positivo do grupo elevouse ata os 9,5 millóns de euros.
Esta progresión está marcada pola boa recepción que tivo o esforzo promocional e de contención de prezos realizado polo grupo dende finais do 2021 co obxectivo de mitigar o traslado das maiores custas aos prezos de venda. Unha medida que ten reflexo na redución da marxe bruta porcentual sobre o total das vendas, que diminuíu 0,8 puntos durante o devandito período con respecto ao primeiro trimestre do exercicio previo.
Este investimento en iniciativas de aforro e contención de prezos produciuse nun contorno de custas de explotación crecentes con respecto ao ano anterior, que se puideron limitar a través da continuidade en actuacións de mellora de eficiencia.
“Seguimos a consolidar o noso crecemento cun aumento das vendas brutas totais ata os 1.364 M€, un 3,4% superior a superficie constante sobre o mesmo período do 2023, impulsado en boa medida pola grande aceptación que a nosa nova política de prezos, a través dunha actividade promocional que contribúe a aliviar o peto das familias, está a ter entre as persoas consumidoras. Un esforzo que se traduciu nunha mellora nas vendas e que consolida a competitividade de EROSKI en prezo e atractivo comercial“, destacou a CEO de EROSKI, Rosa Carabel, quen, ademais, afirmou que o trimestre pechou en liña coas expectativas da compañía, que segue aspirando a acadar uns resultados de ebitda en liña cos obtidos no 2023, que foi extraordinario para a compañía.
Sobre o grupo EROSKI
EROSKI é o primeiro grupo de distribución de carácter cooperativo de España e un dos líderes do norte do mercado español -dende Galicia a Baleares-, cunha cota de mercado do 12,8% nesta zona; é líder no País Vasco, en Navarra e Galicia, e colíder en Baleares. A súa rede comercial, a peche do 2023, elévase a 1.533 establecementos, entre supermercados, hipermercados, cash & carry e supermercados online; conta ademais con gasolineiras, tendas de deporte e outros negocios non alimentarios. Conta tamén con máis de 6,4 millóns de Socios Clientes e con máis de 27.400 persoas socias cooperativistas e traballadoras, das cales preto de 9.000 son socios propietarios, aos que cómpre sumar o colectivo de persoas traballadoras das máis de 620 tendas franquiadas.
Compartir en: