• Os “Salute to Excellence Awards” recoñecen a excelencia dos produtos de marca de distribuidor introducidos o pasado ano no mercado europeo

  • Sete das súas referencias foron galardoadas na edición 2024, na que optaban a premio 550 produtos de 23 países

EROSKI recibiu sete galardóns na última edición dos premios internacionais “Salute to Excellence Awards“, entregados pola Private Label Manufacturers Association (PLMA) en Ámsterdam. En concreto, foron premiadas tres referencias da súa marca propia de alimentación, dúas de coidado persoal e dúas de bebidas.

Os produtos EROSKI gañadores foron as galletas Tostaditas de marca EROSKI na categoría de snacks infantís, as mini tortas con sabor a xamón, tamén de marca EROSKI, na categoría de snacks saudables, e o pan de bocadillo sen glute de marca EROSKI na categoría “libre de”. A eses galardóns no eido alimentario súmanse, na categoría de bebidas, o seu Mar Blava viño branco D.O. Binissalem Mallorca 2022, co recoñecemento á mellor calidade de brancos ibéricos, e o seu Chen de Passion Viño Tinto D.O. Cariñena 2022, ao mellor valor dos tintos ibéricos. Tamén foron premiados o seu xel de baño sólido aloe vera da súa marca Belle na categoría de baño e ducha e mais a súa crema prebiótica equilibrante sensitive da súa marca Belle na categoría de cremas faciais e hidratantes.

“Estes recoñecementos demostran a nosa aposta por unha marca propia de calidade, saudable, sostible, a bo prezo e innovadora. No 2023 incorporamos 441 novas referencias de marca propia, un 38% máis de novos lanzamentos ca o ano anterior, e incrementouse un 7% o número destes produtos na cesta das persoas que mercan nas nosas tendas. Nos vindeiros tres anos, tal e como marca o noso novo plan estratéxico, dende EROSKI seguiremos a impulsar as nosas marcas propias, revisando a nosa oferta e dotándoas de máis promocións e descontos para atender ao que as persoas consumidoras demandan, explicou a directora Comercial de EROSKI, Beatriz Santos.

Os Salute to Excellence Awards recoñecen a excelencia na calidade e a innovación dos produtos de marca de distribuidor introducidos o ano pasado nos supermercados, hipermercados, tendas de desconto, droguerías e tendas especializadas de toda Europa. Trátase do certame máis grande do mundo dedicado ás marcas propias, que nesta edición analizou 550 produtos de 72 distribuidores polo miúdo de 23 países, que cubrían 79 categorías que se avaliaron segundo o concepto do produto, o sabor e a aparencia, o empaque, a presentación e a relación calidade-prezo. Os produtos gañadores foron seleccionados por un xurado experto internacional composto por profesionais do comercio polo miúdo, fabricantes, márketing e xornalismo.

Compartir en: