• EROSKI mercará este ano 2023 máis dun millón de litros de sidra elaborada no País Vasco e case un terzo da produción da sidra con Denominación de Orixe Euskal Sagardoa

  • EROSKI colabora con algo máis dunha vintena de adegas do País Vasco e comercializa 40 referencias de sidra amparadas baixo a certificación da Denominación de Orixe Euskal Sagardoa e mais co selo de calidade Gorenak

  • No 2017 foi a primeira cadea de distribución que lle puxo a súa marca a unha sidra de calidade certificada co selo da D.O. Euskal Sagardoa

EROSKI comercializará este ano sidra certificada coa Denominación de Orixe Euskal Sagardoa e co selo de calidade Gorenak tamén en Cataluña e Baleares, amais de nas rexións tradicionais do País Vasco e Navarra, onde xa se promove normalmente cada ano. EROSKI prevé adquirir máis dun millón de litros de sidra natural do País Vasco con D.O. Euskal Sagardoa correspondente á colleita 2022, o que equivale a un terzo da produción desta sidra embotellada e que chegará ás tendas arredor da primavera. EROSKI é o principal comercializador de sidra natural do País Vasco, tanto da que se adscribe baixo a D.O. Euskal Sagardoa como co selo Gorenak.

Esta mañá EROSKI e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Euskal Sagardoa renovaron o seu acordo de colaboración, no que se inclúen este e outros compromisos para o fomento e a posta en valor da sidra natural elaborada con mazás de variedades autóctonas das maceiras vascas. A cooperativa colabora con vinte e un produtores de sidra do País Vasco a través de 40 referencias amparadas baixo a certificación da Denominación de Orixe Euskal Sagardoa e o selo de calidade Gorenak, incluída a súa marca propia, intensificando así a súa aposta pola diversidade do tecido produtivo vasco.

Colaboramos coa Denominación de Orixe Euskal Sagardoa dende a súa orixe no 2016, un Consello Regulador que traballa para prestixiar as sidras autóctonas vascas da máxima calidade e sabor, co que traballamos conxuntamente no desenvolvemento da innovación, de novos formatos e novas necesidades e na súa estratexia de procura de mercados alternativos aos tradicionais para poñer en valor a sidra vasca”, sinala a directora comercial de Produto Local de EROSKI, Asun Bastida.

“A sidra Denominación de Orixe Euskal Sagardoa elabórase ao 100% con mazás autóctonas. A produción de mazá é unha área na que se están a dar pasos cara á profesionalización para garantir a máxima calidade da materia prima e impulsar colleitas máis equilibradas e así garantir a calidade da sidra D.O. Euskal Sagardoa. Ademais, a aposta de distribuidores como EROSKI pola sidra con Denominación de Orixe é fundamental para garantir o futuro do sector”, explicou o xerente da D. O. Euskal Sagardoa, Unai Agirre.

Pioneira en incorporar o selo á súa marca propia

No 2017 a cooperativa foi a primeira cadea de distribución que lle puxo a súa marca a unha sidra de calidade certificada coa Denominación de Orixe Euskal Sagardoa. Esta iniciativa supón un paso máis na aposta de EROSKI pola diversidade do tecido produtivo vasco. “Pensamos que é un elemento clave para a sustentabilidade e contribución á economía, cultura e paisaxe do noso contorno. O desenvolvemento social e económico do contorno, o fomento do emprego e da riqueza local e o respecto á cultura gastronómica local constitúen un dos nosos compromisos en Saúde e Sustentabilidade. En EROSKI canalizamos esta aposta a través dunha relación de apoio e próxima aos provedores agroalimentarios locais e dunha oferta ampla e variada que ofrece máis de 20.000 produtos locais de 2.000 pequenos produtores”, sinalou a directora Comercial de Produto Local de EROSKI.

Compartir en: